Partido Popular de Lugo

Candia a Campos: “O Grupo Provincial do PP non vai formar parte do circo que quere liderar”

Lugo, 29 de novembro de 2016.- O Grupo Provincial do Partido Popular, lamenta que non se someteran a votación varios puntos da orde do día da sesión plenaria extraordinaria celebrada esta mañá “pola irresponsabilidade do presidente”. “Vostede está intentando liderar un circo do que con toda responsabilidade lle digo que non imos a formar parte”, explicou a voceira do PP.

 

Elena Candia asegura que o presidente perde unha vez máis a oportunidade de liderar con consenso e dar solucións aos problemas da provincia.

 

Dende o organismo provincial alegaron que na documentación para a convocatoria de dita sesión “non se atopa a proposta de acordo concreta, polo que non poden ser debatidos os puntos”. A voceira do PP, Elena Candia, criticou a actitude do presidente da Deputación e engadiu que “podería pasar a lerlle un informe xurídico que defende e avala a posición do Grupo ao que represento. Vostede e o seu grupo empéñase de xeito constante en torpedear en que o PP fale. Poucas veces ten éxito porque cando os veciños teñen a posibilidade de falar dannos o apoio”.

 

Candia replicoulle a Campos que “este grupo non vai a participar no circo xurídico no que vostede con algunha axuda, dende o noso punto de vista excesivamente irresponsable, decide entrar en cada sesión plenaria”.

 

“Se vostede non quere debater esta iniciativa non a debata, se vostede quere emparapetarse nalgún artigo da Lei de Bases de Réxime Local para ao día seguinte como foi este caso, dado que vostede se viu obrigado a facer a convocatoria porque sabía que xa estaba convocada de xeito automático pois participa e cando lle interesa accede”, precisou.

 

Dende o PP pedíronlle a Campos que someta a votación e deliberación todos os puntos que aparecen na convocatoria do pleno extraordinario, e engadiron “pedímosllo porque non facelo entendemos que é un atropelo non só aos 12 deputados senón aos asuntos que van na moción que vostede perfectamente coñece e a proposta de acordo que vostede perfectamente coñece”.

 

Unha institución que non prioriza os intereses dos veciños

Candia sinalou que “dentro da serenidade que nos da ter a razón aquí e fora dígolle que se vostede algunha vez quere dar o paso de liderar esta institución priorizando os intereses dos veciños e resolvendo os problemas e as peticións da xente pode contar con este grupo. Se vostede se quere emparapetar nestas retorcidas interpretacións que probablemente unha sentencia dentro de 2 anos nos dera a razón, e non imos a investir recursos por suposto nese litixio, pois a decisión é súa”.

 

A voceira recordoulle ao presidente da Deputación que “días como os de hoxe, despois de dicir que non podía convocar o pleno porque non cumpríamos a normativa despois o tivo que convocar. Agora inicia a sesión plenaria, da posibilidade de votar cando as propostas de acordo do punto 1 e do 2 están exactamente convocadas idénticas que a do punto 3, e somete votación o punto 1 e 2, e agora, por un mal asesoramento”.