Candia: “Carballedo é un exemplo práctico no que se visualiza que o PSOE non pode dicidir na Deputación porque está nun goberno en minoría”

A presidenta provincial fixo balance dos Orzamentos provinciais, nos que as negociacións dos populares foron decisivan para que incluísen iniciativas que benefician de xeito equitativo a todos os Concellos, como o Plan de Estradas e outro Plan Único

4cd6859c70e964b60ac220d2d9a2e8bb.JPG

PP de Lugo | 2018-01-09

A BARRELA (CARBALLEDO), 9 de xaneiro de 2018.- A presidenta provincial do Partido Popular, Elena Candia, puxo a Carballedo como “un exemplo práctico no que se visualiza que o PSOE non pode dicidir na Deputación porque está nun goberno en minoría”. A dirixente dos populares trasladou esta cuestión aos asistentes á reunión convocada en A Barrela para dar conta dos Orzamentos do organismo provincial para este ano, e nos que o PP se abstivo no momento da votación por cumprir o acordo de mínimos iniciado no ano 2016 e esixido polo PP.

E é que as negociacións dos populares fixeron posible que un cambio nas contas, conseguindo que a administración provincial rompa coa súa “tónica partidista” e atenda “a todos os concellos da provincia” a raíz de propostas populares como é o Plan Único, que permitiu no 2017 o reparto de preto de 2 millóns de euros entre os municipios da comarca de Chantada, entre os que se inclúe precisamente o municipio no que se celebrou esta xuntanza, á que foron convocados alcaldes, edís e membros das executivas locais de dito Partido Xudicial.

Deste xeito, a presidenta provincial puxo en valor a aprobación do Plan de Rehabilitación de Firmes de Vías Provinciais, acordado en pleno por iniciativa do Grupo Popular, e que permite que varios destes municipios perciban uns 800.000 euros para o acondicionamento e arranxo das estradas que xestiona a Deputación.

 

“É un paso cara adiante que permite que se realice un investimento nas vías provinciais desta comarca, atendendo a criterios obxectivos”. Deste xeito, engadiu a popular, “estamos paliando ese ensañamento político que se estaba a dar dende a Deputación contra as estradas que transcorrían polos concellos non afíns ao PSOE”.

 

Máis fondos grazas a un segundo Plan Único

Elena Candia tamén precisou que nos orzamentos de 2018 se mantén o compromiso de aprobar un novo Plan Único de Colaboración dos Concellos, ao igual que se fixo no ano 2017, activado pola negociación do PP, froito do convencemento de que supoñería unha panca de cambio para garantir un reparto equilibrado dos fondos públicos entre todos os concellos, guiándose polos principios de obxectividade no reparto do diñeiro e poñendo fin ao desequilibrio imposto cos Gobernos socialista e nacionalista.

 

No ano 2017, aprobáronse 20 millóns de euros repartidos entre os 67 concellos lucenses, dotándoos de contías históricas en áreas como emprego, axuda no fogar, cultura e deporte ou turismo, entre outras. A súa aprobación posibilitou que concellos incrementasen o que recibían. As cantidades percibidas foron as seguintes: Antas de Ulla: 258.532 euros; Carballedo; 293.590 euros; Chantada: 420.676 euros; Monterroso: 281.176 euros; Palas de Rei: 344.786 euros; e Taboada: 300.970 euros.

 

En concreto, no ano 2018 os créditos iniciais para este Plan Único 2018 son de 11,3 millóns previstos nas consignacións do orzamento (no exercicio anterior eran 10 millóns) e serán ampliados mediante modificacións orzamentarias. Os criterios obxectivos de reparto serán aprobados polo Pleno e terán en conta os aplicados no ano 2017 e unha vez proposto o destino concreto polos Concellos da Provincia, o Pleno da Deputación, igual que no ano 2017, debe aprobalos coas modificacións orzamentarias correspondentes.

 

De igual xeito, este compromiso do Partido Popular tamén logrou dar cumprimento a demandas fundamentais como é o a do SAF que, no orzamento de 2018, mantén a dotación do Servizo de Axuda no Fogar en 1.500.000 euros, incluído no Plan Único de Cooperación cos Concellos, para igualar como mínimo a achega do ano 2016. Asemade, a xestión popular permitiu desatascar a situación na que se atopaban as residencias de maiores, cuxa posta en funcionamento é unha das maiores demandas do PP.

 

No marco deste compromiso e traballo dos populares, Elena Candia tamén explicou que seguirán traballando para que o organismo provincial cumpra os compromisos asumidos cos Concellos desta zona, como é o caso de Monterros e a súa piscina; unha obra que se está a deteriorar sen abrir aínda as súas portas, malia ser aprobada hai 7 anos, e investir na súa construción preto de 1,5 millons de euros.

 

Esforzo inversor da Xunta

Na reunión tamén deron conta do investimento da Xunta de Galicia nesta comarca. Concretamente, estes municipios están a percibir máis de 8,5 millóns de euros, que están a ser destinados ao Fondo de Cooperación Local, á incorporación de mozos ao rural e axudas da PAC, á pavimentación e saneamento vías e espazos públicos, á potenciación do turismo local coa sinalización de espazos e a subvención de distintas actividades gastronómicas e culturai, así como á mellora dos centros educativos como o CEIP Antas de Ulla e o IES de Monterroso no que se rematou a pista cuberta.

 

No marco deste investimento tamén se inclúen os obradoiros de emprego e a contratación de persoal ao abeiro das axudas que concede a consellería de Emprego e Industria.