Constituída a xestora do Partido Popular de Burela, que preside Manuel Rouco López

Foi a última tarde de onte, nunha xuntanza que estivo presidida pola presidenta provincial, Elena Candia, o secretario xeral, Carlos Armesto, e o coordinador do Partido na Mariña, José Manuel Balseiro

ba7592af4414f7689cfa0b9e08c88713.jpg

PP de Lugo | 2018-01-30

BURELA, 30 de xaneiro de 2017.- O Partido Popular de Burela vén de constituír a nova xestora que preside Manuel Rouco López. Foi a última tarde de onte, nunha xuntanza que estivo presidida pola presidenta provincial, Elena Candia, o secretario xeral, Carlos Armesto, e o coordinador do Partido na Mariña, José Manuel Balseiro.

Este proceso dá continuidade ao proceso iniciado no mes de decembro, unha vez que o ex presidente local do Partido, José María González Barcia, renunciou a seguir á fronte da agrupación. Deste xeito, no conxunto de persoas que acompañarán a Manuel Rouco atópanse os actuais concelleiros e o voceiro municipal, responsabilidade que, polo momento, seguirá exercendo o presidente saínte Jose María González Barcia.

A relación completa é a seguinte: Plácido Fra Mon, María José García Eiroá, José Luis González Arnau, Jenaro González Debasa, Aitor López Anello, Jasone Fátima Lorenzo Bahamonde, Yovana Oroza Castro, Alberto Ramos Arda, Alberto Rapa Martínez, José Casas Martínez, María Dolores Cociña Cabanas, Diana Durán García, María del Mar Fraga Fenández e José González Barcia.

Neste senso, tanto Elena Candia como José Manuel Balseiro tiveron palabras de agradecemento para os integrantes e o presidente da xestora, que supón “un paso adiante para encarar o camiño das municipais, e situar ao PP na alcaldía”. Deste xeito, manifestaron o seu convencemento de que “este equipo, e froito do seu traballo, contribuirán a paliar as notables eivas que presenta o actual Goberno local, converténdose así na alternativa ás medias verdades e á pouca acción dos dirixentes do Concello”, afirmaron.

Presidente dende decembro

Manuel Rouco López é o novo presidente da xestora do Partido Popular de Burela e, polo tanto, a persoa que tomou o relevo desta agrupación política. Graduado en Enxeñería Agrícola e do Medio Rural pola Universidade de Santiago de Compostela (campus de Lugo) dispón tamén a titulación de enxeñería técnica nesta mesma rama na especialidade de Mecanización Agraria e Construción Rural, ademais dun mestrado en Prevención de Riscos Laborais.

A maior parte da súa actividade profesional estivo relacionada coa dirección e execución de proxectos de infraestruturas en ámbitos medioambientais, de hidráulicas, forestais e de construción polo que dispón dunha ampla experiencia de xestión.

No ámbito político Manuel Rouco traballou en tarefas de asesoramento técnico na Deputación Provincial de Lugo na Delegación de Medio Rural, durante o tempo en que esta institución estivo presidida polo Partido Popular.

Malia que esta é a súa primeira experiencia política directa nun ámbito desta responsabilidade Manuel Rouco está a traballar intensamente para situar ao Partido na mellor posición para afrontar as próximas eleccións municipais nas que os populares de Burela aspiran a recuperar a confianza maioritaria dos veciños.