Daniel Vega e Jaime de Olano poñen en valor a actividade portuaria da Mariña

Así o indicaron no transcurso da visita realizada é empresa Fertejo, situada en Ribadeo, e que se enmarca no compromiso dos populares de coñecer de primeira man as principais iniciativas empresariais da comarca, co fin de escoitar as súas propostas e trasladalas posteriormente ás institucións con competencias na materia

0f87c91c12bff235e434d843cfedbfb0.jpg

PP de Lugo | 2018-02-02

RIBADEO, 2 de febreiro de 2018.- O secretario de Organización e deputado autonómico, Daniel Vega, e o deputado no Congreso, Jaime de Olano, mantiveron este venres un encontro cos representantes da empresa Pertejo SL, de Ribadeo. Deste xeito, a través desta xuntanza os populares perseguen poñer en valor a actividade portuaria da Mariña.

 

“A Mariña é un punto estratéxico da industria pesqueira e representa un valor engadido ao PIB comarcal e provincial, por iso, engaden, cremos que este tipo de reunións non só son positivas, senón que son necesaria para seguir avanzando e xerar riqueza na zona”. E é que estes axentes de buques e operadores portuarios, que contan con máis de 50 anos de experiencia no sector, ofrecen todo tipo de servizos aos portos comerciais de Ribadeo, Burela e Celeiro, atendendo ás características e singularidade popias de cada infraestrutura marítima.

 

“Os políticos temos que estar nunha escoita permanente e ir da man da iniciativa empresarial para arrimar o hombro en todo o que se refira a garantir estabilidade na economía. Temos que pensar que apoiar a estes empresarios supón o mantemento e a creacion de postos de traballo e, por tanto, contribuír a que as familias emprendan o seu proxecto de vida na comarca”; cuestión que repercute, indican, na mellora dos datos demográficos.

 

Visita astilleros Armón

Esta visita dos deputados populares dá continuidade ao compromiso do Partido Popular de coñecer de primeira man as principais iniciativas empresariais da Mariña, co fin de escoitar as súas propostas e trasladalas posteriormente ás institucións con competencias na materia. O pasado mes de decembro Daniel Vega e Jaime de Olano tamén visitaron astilleros Armón; factoría que construirá sete embarcacións, 3 no municipio mariñano e as 4 restantes en Vigo.

 

Concretamente,dos catro buques conxeladores para Mozambique, de 32 metros cada un, tres serán os que se fabriquen en Burela e dedicaranse á pesca de lagostino, convertendo deste xeito a esta localidade nun punto estratéxico da industria pesqueira.

 

Asemade, o contrato asinado co grupo Nueva Pescanova suporá a creación de 200 novos empregos en Galicia entre 2018 e 2020. Esta iniciativa inclúese dentro do plan estratéxico desta entidade, cuxa renovación da flota pesqueira conta cun orzamento de máis de 42 millóns de euros.