Dolores de Cospedal imponse na provincia de Lugo co 40,5% dos votos

Pablo Casado obtivo o 32,6%, Soraya Sáenz de Santa María o 23,9% e García Margallo o 2%

PP de Lugo | 2018-07-05

5, xullo, 2018. María Dolores de Cospedal impúxose na provincia de Lugo co 40,5% dos votos na votación á presidencia do Partido a nivel nacional. En segundo lugar, sitúase Pablo Casado co 32,6%; en terceiro, Soraya Sáenz de Santa María co 23,9% e, cuarto, García Margallo co 2%.

 

En total o número de votos emitidos na provincia polos afiliados foron 1.213 dos que Cospedal acadou 492, Pablo Casado 396, Soraya Sáenz de Santa María 290, García Margallo 25, Elio Blanes 1 voto e José Ramón García 3. Tan só se rexistraron 2 votos en branco en toda a provincia.

 

Por comarcas o resultado foi o seguinte:

 

  • A Montaña: 54 votos (Pablo Casado 24; Cospedal 3; Margallo 1 e Sáenz de Santa María 26).

 

  • Chantada: 73 votos ( Pablo Casado 13; Sáenz de Santa María 19 e Dolores de Cospedal 40).

 

  • Lugo: 351 votos (Pablo Casado 122; Cospedal 118; Soraya Sáenz de Santa María 101; Margallo 9 e 1 en branco).

 

  • Terra Chá: 67 votos (Casado 27; Cospedal 21; Margallo 4 e Sáenz de Santa María 15).

 

  • Monforte; 199 votos (Elio Cabanes 1; Casado 40; Cospedal 115; José Ramón García 1; Margallo: 4; e Sáenz de Santa María 38).

 

  • Sarria: 198 votos (Casado 45; Cospedal 108; Margallo 3; e Soraya Sáenz de Santa María 42).

 

  • A Mariña: 279 votos (Casado: 125; Cospedal: 87; Elio Cabanes 1; José Ramón García 2; García Margallo 4; e Sáenz de Santa María 59).