Feijóo e Elena Candia arroupan a Carballo como novo presidente do PP de Lugo, que presenta un equipo, “que é o mellor e aglutina talento e talante”

A candidatura está formada pola presidencia, vicepresidencia, secretaría xeral e catro vicesecretarías, ademais de dunha veintena de vogais. A todos eles, o novo presidente pediulles “unión, responsabilidade, traballo e máis traballo”

9686731efe9a6578c47ec7208d91fa5c.JPG

PP de Lugo | 2017-05-26

LUGO, 26 de maio de 2017.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, e a presidenta provincial, Elena Candia, ademais doutros cargos orgánicos e institucionais do Partido, arrouparon este venres ao novo presidente do PP de Lugo, Ramón Carballo, que presentou o seu equipo ao completo. Trátase, segundo explicou o novo líder local, dunha “candidatura representantiva de todo o Partido, de todo o municipio, onde están mulleres, homes, mozos e non tan mozos”. “É a mellor. Aglutina moito talento e talante, tratando de compaxinar experiencia con xuventude e novidades”, destacou plenamente convencido.

 

Deste xeito, a Xunta Directiva Local estará formada pola presidencia, vicepresidencia, secretaría xeral e catro vicesecretarías, ademais de 17 vogais. A todos eles pediulles “unión, responsabilidade, traballo e máis traballo”. O ógano ao completo é o seguinte:

 

Presidente: Ramón Carballo

Vicepresidente: Enrique Rozas López

Secretaria xeral: María Ángeles Teijeiro

Vicesecretario de Medio Rural: Manuel López Fernández

 

 

 

 

 

Vicesecretaria de Comunicación e voceira do Comité Executivo: Mar Carballas Piñeiro

Vicesecretario de Programas e Xuventude: Javier Vázquez Prado

Vicesecretario de Asuntos Municipais: Antonio Ameijide Osorio

Vicesecretario de Coordinación de Procesos Electorais e relación cos afiliados e distritos: Javier Vázquez Nodal

 

Como vogais: José Luis Castro Rodríguez, Alberto Lugilde Gude, Teresa Taboada Candal, Juan Carlos Plaza Gómez, José María Carballido Carballido, Manuela Ferreiro Fernández, José Antonio Fernández López, Eugenia Vizcaíno Redondo, José Manuel Dobarrio López, Agustina Fernández Pérez, Juan Francisco Méndez Ruíz, José Ángel Pardo Paz, Carlos Vázquez Pena, Alfonso Ibias Otero, Vicente Quintas González, Manuel Rodríguez Arias, Francisco López Quiroga, Jesús Gónzález Fernández, Carmen López Mosquera, José Nuñez Beloy, Noemí Bello Castro e Raquel Castiñeira Castelo. Asimesmo, a proposta do presidente, engándense dous vogais máis, que son: José Manuel Pereiro Pérez e Zoila Sánchez Gómez.

 

Retos do novo líder

Deste xeito, o novo líder explicou que como retos se marca “traballar dende hoxe mesmo para que todos vos vexades representados nesta directiva que, dende este momento, estará ao voso servizo, dando conta permanente do traballo e das iniciativas que tomaremos. Agora tócanos a nós ver, marcar, fixar as prioridades do futuro, que non poden ser outras que conquerir o Goberno desta cidade e axudar a acadar a presidencia da Deputación para deixar atrás o esperpento vivido nos últimos tempos nestas institucións”, destacou.

 

Neste senso, subliñou que a situación política de ambas as dúas institucións provoca que “todos botemos en falla os Gobernos de Tomás Notario, Vicente Quiroga ou Joaquín García Díez no Concello, que foron etapas de desenvolvemento e non de bloqueo, que é o que estamos a vivir”. A este respecto, lamentou que “se destacamos a nivel local é polas continuas sentencias que veñen a tirar abaixo actuacións feitas por eses gobernos ou multigobernos que veñen a denominar progresistas. Pero o que nunca traen e progreso para os veciños, senón máis ben bloqueo e parálise”, remarcou.

 

É o momento, dixo, “de fortalecernos como Partido para ilusionar a esta sociedade lucense que leva demandando gobernos que se preocupen máis dos problemas da xente e non dos seus propios, empregando as institucións en beneficio propio ou duns cantos soamente. Esta Partido en Lugo foi exemplar cando gobernamos e tamén como oposición, polo tanto, cando nos traten de dar leccións de comportamentos, non llelo imos permitir. A isto, tolerancia cero, e non vale o de y tu más”.

 

O Partido que quere: dinámico, con sentido común, solvente e eficaz

O único que levou a Ramón Carballo a tomar esta decisión foi o interese xeral do Partido. Así o indicou, ao tempo que potenciou a figura e o papel que deben desempeñar os afiliados e simpatizantes. “Sodes vós os que de verdade gobernades e elixides os dirixentes do Partido. Por iso, non quero que o Partido sexa unha estrutura ríxida e inmóbil. Quero que sexa dinámico e aberto. Aquí non sobra ninguén e todos podemos aportar algo, pois quero que poidades decidir o tipo de Partido que queredes, pero sempre coa responsabilidade dentro dun proxecto nacional, galego e provincial. Quero un Partido con moito sentido común, moderado nos nosos principios e condutas. Temos que dirixir con concordia e unión pero, sobre todo, coa eficacia e solvencia, xa que aí estará o éxito para dar solucións aos problemas dos cidadáns”, afirmou.

 

Inmensa tarefa: Concello e Deputación e ser máis grandes aínda”

“O Partido tamén ten unha inmesa tarefa”, indicou o novo presidente, apelando así ás palabras de Mariano Rajoy: os gobernos gáñanse ou pérdense, pero o que nunca debemos de perder e o valor do Partido. “O Partido é o estable e é o que permanece sempre. Tamén recordamos todos aquela campaña do presidente Feijóo durante os anos que nos tocou facer oposición na Xunta: Hai Partido. E

 

 

 

 

a verdade é que detrás había un gran partido, o PP, que fixo que en 2009 voltaramos a gobernar a Xunta”, indicou.

 

Puxo estes dous exemplos porque o que “nunca debemos descoidar nin esquecer o Partido. Con este Congreso pretendemos, ademais da renovación, que sempre é necesaria tamén, o máis importante é manter o Partido vivo e engrasado para gañar eleccións e chegar ao Goberno que ese é o fin de calquera Partido Político. En Lugo temos a obriga e a responsabilidade de darlle a esta cidade un goberno estable e responsable e con elo levar á Deputación un goberno que xestione e deixe atrás o esperpento vivido durante os últimos anos”, sinalou.

 

A este respecto, sinalou que traballará para “ser máis grandes”. “Este xa é un Partido moi grande -o máis grande de Lugo- e estamos en todos os barrios e tamén podemos dicir que estamos en todas as casas e familias. Isto é o que nos ten que dar forza. Temos que levar a nosa mensaxe a toda a sociedade, pero tamén escoitalos e saber das súas necesidades e sentimentos. Por iso temos que loitar por ter un Partido grande e unido. Non temos que ter medo ás diferenzas e as diversas opinións, porque o que si que non nos perdoan os nosos votantes é as liortas internas nin a falla de compromiso e responsabilidade. Este ten que ser un proxecto único e útil á sociedade. Nós non somos un Partido que acaba de chegar con ocurrencias e frivolidades. Para iso, xa están outros, que por riba nos tratade dar leccións de democracia”.

 

O PP sodes vós”

A este respecto, agradeceu, especialmente, o apoio dos afiliados, a quenes tivo a aportunidade de saudar e exponer, durante os 20 días que durou a campaña interna. “De verdade que na nova dirección trataremos de visualizar o Partido que vós queredes que sexa. Co voso apoio trataremos de facer do PP un instrumento de unión, no que todos teñamos cabida, pero no que cada día sexamos máis, ampliando a nosa base a través dos nosos afiliados e simpatizantes”.

 

Dado que esta formación política “a facemos todos e cada un dos afiliados e simpatizantes, dígovos de corazón que o Partido Popular sodes vós, e tedes que ser vós os que fagades do PP o motor que empuxe a toda a sociedade; un motor mellor que o de Fernando Alonso, que polo menos non rompe tanto como o del”, destacou.

 

Agradecementos sentidos

Tanto na intervención de candidato como na de clausura, Ramón Carballo mostrouse moi próximo, lembrando incluso algunha anécdota persoal. Neste senso, tivo palabras de agradecemento para os militantes e simpatizantes, paro o comité organizador do Congreso, para os traballadores da sede, para a dirección provincial, para o presidente do PPdeG, “por ese apoio e confianza depositada na súa persoa”, para a xunta directiva provincial e local e para José Manuel Barreiro, “polo seu apoio político e por confiar nel”. Asemade, tamén gabou o traballo dos medios de comunicación e fixo unha especial mención á súa familia, que tamén estivo presente no Congreso. Agradeceu a Tomás Notario a súa intervención, así como o informe de xestión dado a coñecer polo presidente saínte, Jaime Castiñeira.

 

Home de Partido

O novo presidente ten unha extensa e dilatada vinculación con esta formación política. Dende hai 30 anos milita neste Partido “e coñézoo moi ben”. Pasou por todos os estamentos, dende militante de base –“que o sigo sendo”-; presidente das Xuntas locais de Pedrafita e da Fonsagrada; membro da xunta directiva provincial e galega, deputado autonómico. Tivo responsabilidades na xestión da consellería de Sanidade e Medio Rural e agora tamén na Subdelegación do Goberno. “Polo tanto, este Partido deumo todo, pero tamén lle din todo o que puiden, e estou convencido de que aínda lle podo aportar algo máis”, sinalou con cariño.

 

 

 

 

 

 

Non obstante, ademais da traxectoria política, o vínculo con Lugo tamén é persoal, pois dende os 11 anos, aínda que naceu en Pedrafita, estou moi vencellado a esta cidade. “Aquí teño a miña a familia e aquí investín o pouco ou moito que atesouro na miña vida laboral. E aquí tamén está o meu posto de traballo como funcionario Inspector Veterinario”, apuntou.

 

Un gran presidente”

Pola súa banda, a presidenta provincial, Elena Candia, felicitou ao que considera “un gran presidente”. “Ramón é unha persoa que á marxe da súa traxectoria política, ten algo moi importante que é a calidade humana. É precisamente esta lealdade ao Partido e aos seus o que o fan grande”. Pero, ademais, indicou, “liderará un gran equipo; un grupo de persoas coas que dende a dirección provincial traballaremos cóbado con cóbado para seguir medrando nesta cidade e nesta provincia”.

 

A única forza estable”

“Creo que hoxe quedou claro que somos a única forza estable”, salientou a popular. “Aquí temos unha única lista que nace do consenso e da xenerosidade política”, subraiou. Por todo elo, agradeceu ao novo presidente “a súa entrega e disposición”, ao tempo que amosou o seu pleno convencemento de que “non defraudaredes nin ao Partido nin aos lucenses e, como di o lema da túa campaña, Xuntos, somos máis; seremos capaces de medrar e de quitar a esta cidade e a esta provincia do estancamento no que están sumidas”, afirmou.