Partido Popular de Lugo

Francisco Conde e Patricia Argerey explicaron o Plan Galicia Innova 2020 ante máis de 200 empresarios nun acto que organizou o Partido Popular provincial lucense

O Partido Popular Lucense, a través das Comisións de Novas Tecnoloxías e Comercio e Autónomos organizaron onte, no Hotel Méndez Núñez un acto no que o Conselleiro de Industria Francisco Conde, ante máis de douscentos pequenos e medianos empresarios, avanzou as liñas básicas de actuación do Plan Galicia Innova 2020, un plan centrado nas persoas en materia de coñecemento e innovación.

Conde defendeu “o cambio do modelo produtivo, un cambio que se ten que apoiar nas Novas Tecnoloxías, no talento e no coñecemento; un cambio para o que Galicia e máis concretamente a provincia de Lugo ten una base sólida ante os retos de futuro”
Lugo pode e debe recorrer o paso cara o I+D+i a xestión innovadora de recursos, a industria 4.0 e a promoción de modelos de vida saudable ou a colaboración público privada e Lugo conta con proxectos singulares de referencia como o polo tecnolóxico de Rozas, as unidades mixtas de investigación ou os programas de elaboración de novos fármacos.

Como resumen, o Plan Galicia Innova 2020 parte con tres retos principais: poñer en valor a investigación científica, mellorar a transferencia de coñecemento e conquerir o retorno das inversións a la sociedade nun sistema de ciencia e innovación sostibles".

“O futuro depende do que fagamos hoxe", un futuro compartido no que todos temos que aportar, administracións e empresas.

Dende o Partido Popular Provincial Lucense, queremos agradecer ós asistentes o interese mostrado no acto de onte, as vosas preguntas e suxestións enriquecen o debate e achegan a realidade a Administración.