O Grupo Provincial do PP acusa á Deputación de Lugo de non estar sendo útil para a provincia

Os populares lamentan que o Goberno que preside o socialista Darío Campos non sexa capaz de chegar a acordos co seu propio Grupo nin o intente cos outros partidos

PP de Lugo | 2018-03-28

Lugo, 28 de marzo de 2018.- O Grupo Provincial do Partido Popular acusa á Deputación de Lugo, gobernada polos socialistas, de no estar sendo útil para a provincia. Os populares fan esta consideración ante as múltiples mostras dun Goberno en descomposición que non é capaz de chegar a acordos entre eles nin o intenta cos outros grupos.

 

Desde o PP lamentan que a fractura interna no Grupo do PSOE estea a bloquear a institución cun Goberno preocupado unicamente dos problemas entre os seus membros. Así se evidenciou no Pleno de onte e nas semanas pasadas coas decisións dos socialistas sobre as residencias, o que provocou que a súa apertura se siga a retrasar, pese a que moitas delas están listas para a súa posta en funcionamento.

 

“Temos unha Deputación cun presidente que non ten autoridade, solo preocupado polos problemas do seu partido. Unha xestión paralizada por un presidente incapaz de chegar a acordos, nin co seu Grupo nin co resto dos Grupos que conforman a Corporación”, inciden.

 

Un Goberno sumido nunha profunda crise

Os populares esixen que o Goberno provincial dea explicacións ante unha provincia paralizada pola súa nefasta xestión. Lamentan a imaxe que se está a trasladar da institución ante un Goberno sumido nunha profunda crise e incapaz de recoñecer que están sendo unha carga para a provincia.

 

“Non podemos consentir que o Goberno estea só preocupado polos seus problemas internos mentres non se resolven os dos cidadáns”. Os populares critican que a provincia teña a día de hoxe un Goberno que se desintegra e un presidente desautorizado polo seu Grupo e sen capacidade de diálogo.

 

 

 

“Onte o presidente non escoitou ao partido que gañou as eleccións, pese a saber que está nun goberno en minoría, nin foi capaz de consensuar as iniciativas antes do Pleno. As súas discrepancias e falta de entendemento están pasando factura e a imaxe da institución sae cada vez peor parada cun Goberno á deriva, que non se entende e que ademais é incapaz de planificar a acción de Goberno”, precisan.