Partido Popular de Lugo

O PP de A Fonsagrada denuncia que o novo campo de fútbol, “que fora anunciado a bombo a platillo”, xa presente importantes deficiencias

A FONSAGRADA, 20 de febreiro de 2018.- O PP de A Fonsagrada denuncia que o novo campo de fútbol da localidade, e que “fora anunciado a bombo a platillo”, xa presente importantes deterioros no seu perímetro. A este respecto, os populares non entenden como a Deputación puido investir nesta instalación deportiva 550.000 euros e, tan só ano e medio da súa inauguración, o seu contorno “xa se estea caendo a cachos”.

 

Esta circunstancia leva aos populares a concluír que as notables ruturas “que todos os veciños ver”, evidencian que o campo “foi feito para o que foi, para sacar un rédito electoral e, sobre todo, para pagar os favores do ex político que leva o seu nome. Dalgún xeito llelo tiñan que agradecer”, ironizan.

 

Ante o suceder dos feitos, dende o PP conclúen que “se demostra que toda a parafernalia da súa contrución foi un insulto a todos os veciños”. Primeiro, subraian, “veñen aquí, en xullo de 2016, a facer unha inauguración, cando menos, esaxerada. E xa non entramos no nome que se lle puxo, que corresponde a unha persoa que xa daquela contaba con importantes imputacións; cuestión que, cando menos, debería de ser tida en conta, pois, honestamente, non cremos que isto beneficie ao noso concello”.

 

En segundo lugar, indican, “estamos diante dun investimento moi elevado que, como pouco, debería de levar aparellada unha contrución de primeira calidade. Hoxe vemos que moi boa non pode ser cando o campo leva en funcionamento algo máis de ano e medio e peche de fóra está practicamente caído”, advirten.

 

 

Gobernos de propaganda e de fume”

Por todo elo, aos populares “non lle cadran as contas: nin lles cadra o investimento realizado co deterioro que ten, nin lles cadra toda a montaxe que levou implícita a súa construción”. O grupo municipal censura así que, no seu momento, “se fixese bandeira desta instalación como se non houbese cousa semellante, e agora a obra xa se estea a vir abaixo”.

 

“A propaganda é o que é: é propaganda. O malo e o bo que ten é que se non vai acompañada de feitos, perde todo o sentido para a que foi creada”, afirman. A este respecto, o PP local remarca que, “por outra banda, non non extraña, pois se dalgo poden presumir os Gobernos provincial que executou esta obra e o actual, así como o local, é xusto diso: de facer ver o que non hai con boas palabras e de vender fume. Aquí temos o exemplo”, sentencian.