Partido Popular de Lugo

O PP de Burela considera “impresentables” as respostas do alcalde ante preguntas do PP

BURELA, 7 de febreiro de 2018.- O Grupo Municipal Popular do Concello de Burela afirma que o alcalde “non se toma en serio” as preguntas que se lle formulan nos Plenos, dado que “as súas respostas son totalmente incoherentes e ausentes de todo rigor”. Deste xeito, censuran a actitude do socialista, pois as interpelacións formuladas trataban de asuntos que afectan aos cidadáns en maior ou menor medida, polo que “entendemos que as respostas son unha burla á cidadanía que soporta situacións inxustificadas ou anómalas”.

 

É o caso dos motivos que deu o rexedor ante a petición dos motivos polos que non se acendeu antes o alumeado de Nadal, pois, neste caso, este xustificou tal decisión en non afectar ao cambio climático. “As risas no Salón de Plenos foron abundantes, xa que non se pode dar unha resposta máis peregrina, logo de que el mesmo afirmara na prensa que se ía iniciar coa antelación suficiente para favorecer o comercio”, apuntan.

 

Para os populares tamén sorprende que o alcalde non dera ningunha solución á demanda dos estudantes de abrir a zona de estudo da biblioteca en datas navideñas, xa que foron bastantes as queixas neste senso pero, “como de costume, o Sr. Llano non dixo nin si, nin non, nin o contrario”.

 

Dende o PP afirman que “igual de lamentable” foi a resposta que deu ante a pregunta formulada sobre o apagón do alumeado público nunha zona da Avda. do Perdouro, demostrando que non sabía canto tempo leva o subministro averiado, pero tampouco se comprometeu a fixar prazos para arranxalo, precisan.

 

O alcalde, máis amigo da pancarta que de traballar”

Os populares consideran que esta forma de actuar amosa un claro descoñecemento dos problemas e ausencia de compromiso para solucionalos. “O alcalde, máis amigo da pancarta ca de traballar, nunca ten a culpa de nada; nunca asume responsabilidades, e tampouco asume compromisos. En definitiva, un alcalde que Burela non se merece”, sentencian