Partido Popular de Lugo

O PP de Burela solicita do alcalde que a Policía Local regule o estacionamento nas inmediacións do Hospital

BURELA, 19 de febreiro de 2018.– O Grupo Municipal Popular do concello de Burela demándalle ao alcalde que, “como máximo responsable” da Policía Municipal”, adopte as medidas oportunas para que, en función do disposto na Lei de Seguridade Vial, os membros do corpo regulen o tráfico e o estacionamento naquelas zonas dos aparcadoiros próximas ao Hospital da Costa que non están suxeitas a control por parte do propio centro sanitario.

 

Os populares indican que “a situación que se está a vivir é preocupante, xa que á densidade habitual de vehículos, hai que sumar as obras de ampliación do centro hospitalario. Polo tanto, o alcalde debería de dar un paso á frente e ordearlle á Policía Local que, de cando en vez, se acerque polo contorno do Hospital para poñer algo de orde”.

 

Dende o Grupo Municipal aseguran que, “sabendo que o socialista está moi reivindicativo e pancartero, non sorprendería que non faga nada; algo, por outra banda, habitual nel, para xerar confusión entre os usuarios do centro sanitario; o que sen dúbida sería unha enorme e grave irresponsabilidade, pero que coñecendo a personaxe non sería raro”.

 

Os edís do PP consideran que a Policía Local de Burela conta con axentes que saben perfectamente cómo levar a cabo este tipo de actuacións, para evitar aglomeracións e problemas de tráfico e estacionamento, e que só precisan que a autoridade política, o alcalde, dea as ordes oportunas. A este respecto, puntualizan que non se trata de multar “a diestro e siniestro, senón que se trata de ordear o tráfico, excluíndo deste sistema as zonas do Hospital como a de carga e descarga para proveedores que xa está vaiada.