O PP de Monterroso considera que a incorporación de Jesús Otero como asesor do Concello evidencia que “desilusionou como alcalde”

Os populares fan esta valoración porque “os cidadáns sábeno e el tamén que, durante os anos que Otero estivo á fronte da entidade local, incumpriu cada unha das promesas do seus programa electoral”

PP de Lugo | 2017-12-01

MONTERROSO, 1 de decembro de 2017.- O PP de Monterroso considera que a incorporación de Jesús Otero como asesor do Concello evidencia “que desilusionou como alcalde”. “Que é un bo veciño pero, isto non o cuestiona ninguén, pero nun Concello pequeno como Monterroso estar de asesor, o único que serve é para estorbar”, precisan.

 

Os populares fan esta valoración porque “os cidadáns sábeno e el tamén que, durante os anos que Otero estivo á fronte da entidade local, incumpriu cada unha das promesas do seu programa electoral”. Por este motivo, sospeitan que,” detrás desta manobra, existe un intento de seguir empregando o Concello como moeda de cambio nas loitas políticas nas que o Partido ao que pertence está inmerso dende hai tempo”.

 

E é que, indican que, a súa entrada como alcalde, “nin tan sequera foi decisiva para avanzar en proxectos tan importantes como o polideportivo e a piscina climatizada ou o centro de asistidos, nos que a Deputación investiu 1,5 millóns de euros”. Concretamente, a primeira das instalacións estase a deteriorar sen abrir as súas portas, malia ser inaugurada en marzo de 2016 e, a segunda, “dorme o sono dos xustos, a pesares de ser licitada en abril deste ano”.

 

Boletín informativo

A este respecto, anuncian que, nos vindeiros días, distribuirán un boletín informativo con todas estas eivas que os populares detectaron na xestión de Jesús Otero como alcalde, “demostrándose así que non faltamos á verdade no que dicimos”. E é que, afirman, o novo asesor de Monterroso incumpriu todos e cada un dos puntos do seu programa electoral. Son os seguintes:

 

1.- NON retirou o Plan Especial do Casco Histórico da vila.

 

2.- NON revisou o Plan Xeral de Ordenación Municipal.

 

3.- NON ordenou o tráfico urbano.

 

4.- NON remodelou os campos da Feira.

 

5.- NON creou prazas de aparcamento.

 

6.- NON suprimiu as rúas con dirección prohibida innecesarias.

 

7.- NON remodelou nin ampliou o parque infantil situado na feira do fruto.

 

8.- NON fixo nada para conectar Monterroso coa autovía Lugo-Santiago.

 

9.- NON dotou ás estradas do Marco, Ligonde e Sambreixo con aglomerado en quente, nin outras pistas demandadas polos veciños de distintas parroquias, como as que unen Sambreixo con Lorentín e un ramal a Seixos), San Xoán a Penela e Cruce de Piñeiro con A Graña e Vilance.

 

10.- NON aumentou o investimento na atención a persoas sen recursos.

 

11.- NON dotou dun fondo municipal para becas, libros, matrículas oficiais, axuda para o comedor escolar.

 

12.- NON puxo en marcha os programas culturais e deportivos, nin fixo nada polo

deporte de base, a Banda Municipal ou as asociacións deportivas

 

13.- NON potenciou a Ruta do Románico no termo municipal.

 

14.- NON mellorou a oferta pública de emprego municipal.

 

15.- NON fixo nada para coidar os espazos naturais, sendeiros e ríos, con especial atención á cunca alta do Ulla.

 

Xestión do PP que atrae investimentos para Monterroso

Fronte a esta falla de xestión, dende o PP local explican na publicación que o traballo do Partido Popular tanto na Deputación, como na Xunta de Galicia, foi e está a ser decisivo para favorecer que ambas as dúas administración invistan en Monterroso. Como exemplo, citan, no caso organismo provincial, que este municipio recibiu ao abeiro do Plan Único máis de 320.000 euros para as seguintes actuacións:

 

  • OBRAS:

 

estrada de Sirgal:

 

- ampliación e mellora dende o Km. 0,000 ata o 0,153

- reforzo do firme dende o Km. 0,556 ao 1,156

 

√ pavimentación dos núcleos de Novelúa, Airexe-Ligonde, Cubraos-Casa de Núñez

 

√ adquisición unha desbrozadora-tractor

 

 

  • ATENCIÓN A DOMICILIO: 23.749 euros

 

  • DEPUEMPREGO: 51.785 euros

 

  • ACTIVIDADES TURÍSTICAS: 18.693 euros

 

XXV Feira do Queixo 2017

 

  • ACTIVIDADES CULTURAIS: 40.287 euros

 

Escolas de Música Municipais

 

  • ACTIVIDADES DEPORTIVAS: 6.782 euros

 

Escolas deportivas

 

Desprazamentos equipos de fútbol

 

Eventos organizados polo Concello

 

No caso da Xunta de Galicia, o investimento supón máis de 3 millóns de euros, que se distribúen do seguinte xeito:

 

√ 1.730.000 euros en axudas da PAC

 

√ 558.582 euros en plans de mellora

 

√ 280.000 euros para a incorporación de mozos ao sector agrogandeiro

 

√ 234.191 euros para o Plan de Cooperación Local, que permitiu o arranxo de camiños e espazos públicos

 

√ 49.700 euros para a mellora en vías forestais

 

√ 32.000 euros para a reforma do peche do punto limpo municipal

 

√ 35.608 euros para a mellora do alumeado no parque empresarial

 

√ 16.230 euros para a contratación dun socorrista e dous perceptores do RISGA

 

√ 3.000 euros para a Feira de Santos