O traballo do PP na Deputación e da Xunta dos últimos dous anossupónun investimento de máis de 21millóns para a mellora das infraestruturas e a calidade de vida dos veciños da comarca de Vilalba

A presidenta provincial, acompañada do secretario xeral, e deputados autonómicosfixeron balance dos Orzamentosde 2017 e 2018 que ambas as dúas administraciónsdestinan aos municipios de Abadín, Begonte, A Pastoriza, Muras, Guitiriz, Vilalba, Cospeito e Xermade

46208133301c4a21716f6a9682a34f63.JPG

PP de Lugo | 2018-01-10

  • Elena Candia remarcou que, no caso do organismo provincial, estas achegas son posibles grazas a que o Partido Popular fixo posible un cambio nas contas provinciais, conseguindo un reparto máis equitativo dos fondos que xestiona esta administración. A raíz das propostas populares,a Deputación destinou a estes concellos en 2017 2,6 millóns de eurosco Plan Único, que se volverá a repetir en 2018, e dentro do Plan de Rehabilitación de Estradas, que se executará este ano,1,8 millóns de euros para o arranxo de vías provinciais

 

  • “Centrados nas persoas, para que as súas demandas sexan atendidas pola Deputación”, a presidenta explicou que as negociacións tamén foron decisivas para que no documento de Orzamentos, os socialistas mantivesen a aportación do Servizo de Axuda no Fogar, cifrada en 1.500.000 euros

 

  • Adianta que seguirán traballando para que o organismo provincial cumpra os compromisos asumidos cos concellos desta zona, como é o caso de A Pastoriza e a súa piscina; unhaactuación que foi adxudicada xa no ano 2009 en máis de 1,5 millóns de euros, e que está xerando un custo de mantemento de 16.000 euros, a pesares de estar pechada

 

  • Na xuntanza tamén deron conta do compromiso do Goberno galego con estesmunicipios, cifrado en máis de17 millóns de euros, correspondentes ao investimento feito en 2017 e o que se prevé executar en 2018

 

VILALBA, 10 de xaneiro de 2018.-O traballo do PP na Deputación e da Xunta está a permitir o investimento de máis de 21 millóns para a mellora das infraestruturas e a calidade de vida dos veciños de 8 concellos da comarca de Vilalba dende 2017. Así o trasladaron este mércores a presidenta provincial, Elena Candia, acompañada do secretario xeral, Carlos Armesto, e os deputados autonómicos nunha xuntanza organizada pola dirección desta formación, co fin de que os alcaldes, edís, voceiros e presidentes das agrupacións locais dos oito municipios que foron convocados (Abadín, Begonte, Cospeito, Guitiriz, Muras, A Pastoriza, Vilalba e Xermade) coñezan de primeira man as negociacións e actuacións levadas a cabo polos populares en ambas as dúas administracións, e que benefician aos máis de 42.000 veciños destes municipios, segundo indica o Instituto Nacional de Estatística (INE).

 

Concretamente, a presidenta provincial expuxo aos asistentes que “este intenso traballo”permite visualizar que o Partido Socialista “está limitado nas súas decisións e que necesita ao Partido Popular para chegar a acordos e impulsar novas iniciativas que dean unha resposta real á provincia”.

 

Neste senso, Elena Candia indicou que as negociacións dos populares fixeron posible un cambio nas contas, conseguindo que a administración provincial rompa coa súa “tónica partidista” e atenda “a todos os concellos”. Precisamente, a raíz das propostas populares, a Deputación destinou en 2017 a estas entidades locais 2,6 millóns de euros co Plan Único, que se volverá a repetir en 2018, e dentro do Plan de Rehabilitación de Estradas, que se executará este ano,achagará1,8 millóns de euros para o arranxo de vías provinciais.

 

En concreto, no ano 2018 os créditos iniciais para este Plan Único 2018 son de 11,3 millóns previstos nas consignacións do orzamento (no exercicio anterior eran 10 millóns) e serán ampliados mediante modificacións orzamentarias. Os criterios obxectivos de reparto serán aprobados polo Pleno e terán en conta os aplicados no ano 2017 e unha vez proposto o destino concreto polos Concellos da Provincia, o Pleno da Deputación, igual que no ano 2017, debe aprobalos coas modificacións orzamentarias correspondentes.

 

Mantemento do SAF

Elena Candia tamén precisou que, froito “de que estamos a ser a panca de cambio na xestión da Deputación”, nos orzamentos de 2018 mantense o compromiso orzamentario do SAF, cuxadotación ascende a 1.500.000 euros, e se inclúe no Plan Único de Cooperación cos Concellos, para igualar como mínimo a achega do ano 2016.

 

Seguiremos traballando”

No marco deste compromiso e traballo dos populares, a dirixente provincial tamén explicou que “seguiremos traballando” para que a institución luguesa cumpra os compromisos asumidos cos Concellos desta zona, como é o caso de A Pastoriza, e a súa piscina;unhaactuación que foi adxudicada xa no ano 2009 en máis de 1,5 millóns de euros, e que está xerando un custo de mantemento de 16.000 euros, a pesares de estar pechada.

 

Esforzo inversor da Xunta

Na reunión tamén deron conta do investimento da Xunta de Galicia nesta comarca. Concretamente, estes municipios percibiron o pasado ano máis de 12,8 millóns de euros; cantidade á que hai que engadir os máis de 4,5 millónsque figuran consignados no proxecto presupostario de 2018. En total, máis de 17 millóns de euros en só dous anos que están a ser destinados ao Fondo de Cooperación Local, á incorporación de mozos ao rural e axudas da PAC, á pavimentación e saneamento vías e espazos públicos, á potenciación do turismo local coa sinalización de espazos e a subvención de distintas actividades gastronómicas e culturais, así como á mellora de distintos centros educativos (CEIPs Virxe do Corpiño de Begonte, Mazo Vizoso de Vilalba e Virxe do Monte de Cospeito, e IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz), ao polígono industrial de Begonte ou á mellora da estación de autobuses vilalbesa.

 

No marco deste investimento tamén se inclúen os obradoiros de emprego e a contratación de persoal ao abeiro das axudas que concede a consellería de Emprego e Industria, así como as achegas destinadas á Axuda no Fogar.