Partido Popular de Lugo

PP de Sarria: “o resultado e a pouca asistencia das Xornadas Xurídicas deste ano débese á desidida, apatía e a un partidismo da alcaldesa sen ningún percorrido”

SARRIA, 21 de xuño de 2017.- “O resultado e a pouca asistencia das Xornadas Xurídicas deste ano débese á desidia, apatía e a un partidismo da alcaldesa sen ningún percorrido”. Así se manifesta publicamente o grupo municipal do Partido Popular sarriano ao respecto das últimas declaración realizadas pola rexedora sobre este asunto, pois, “en primeiro lugar, a presentación xa foi caótica, sacándoa do Concello, que foi onde se fixo sempre, e levándoa á Deputación”. “Isto xa demostra, aseguran, a nula de capacidade da rexedora para organizar nada”.

 

Neste senso, lamentan que, nesta edición, tampouco se fixese o anuncio deste importante encontro para Sarria na Casa de Galicia en Madrid, que depende da administración autonómica, pois, todos os anos, “este acto tiña unha repercusión importantísima para a difusión das Xornadas e para a provincia, en xeral”.

 

Asemade, aseguran, tamén “se botou en falla a asistencia entre o público de profesionais da avogacía e a xudicatura de Galicia e de Lugo”; circunstancia que atribuén “á escasa promoción”. Por iso, a edición deste ano “só se salvou polo empeño e esforzo de Carlos Lema e do fillo de Román García de Varela, pois, dende logo, polas facilidades que deu o Concello non foi. Grazas a eles, e aos familiares e amigos de Román, se puido salvar o evento”, destacan.

 

Falla de respecto institucional

Os populares sumánse así á queixa realizada no día de onte pola delegación territorial da Xunta, pois a rexedora colocou nas invitacións ao presidente da Xunta e ao ministro sen que estes confirmasen a súa asistencia; cuestión que consideran “unha falla de respecto insistucional”. A este respecto, precisan, “é unha mostra máis do pouco rigor da alcaldesa, xa que todos sabemos que o propio Feijóo se atopaba en China, nunha viaxe de extraordinaria importancia para Galicia, polo que dificilmente podía estar eses días en Sarria”.

 

Con todo, “e malia as patadas da entidade local á administración autonómica”, remarcan, “esta estivo ao nivel”, pois, igual que todos os anos, non só o vicepresidente Alfonso Rueda estivo presente, senón que o Goberno galego apoiou economicamente a organización do encontro xurídico.