Deixa as tuas ideas o suxestións
 

Ampliamos o contido na web, melloramos a nosa Comunicación

PP de Lugo - Vicesecretaria de comunicación | 2017-05-04

 Dende as vicesecretarías de Comunicación e de Novas Tecnoloxías damos un paso máis na mellora da nosa Comunicación, ampliando os contidos que ofrecemos a través da nosa web. Deste xeito, dende todas as áreas, facilitaremos cumprida información das reunións de traballo que iremos mantendo con distintos sectores e axentes socioeconómicos da provincia.

O noso obxectivo, como non podía ser doutro xeito, é que os lucenses esteades ao tanto das dinámicas de traballo que vimos mantendo. Ofrecemos así, máxima transparencia na nosa xestión e no facer do día a día porque somos un Partido activo e que busca o mellor para os cidadáns desta provincia.