Deixa as tuas ideas o suxestións
 

O PP pon en valor no marco da I Convención de Política Social e Igualdade a xestión dos Gobernos do Estado e da Xunta nesta materia

A iniciativa desenvolveuse no Hotel Méndez Núñez, e contou coa presenza do secretario de Estado, Mario Garcés Sanagustín, do secretario xeral técnico da consellería, Francisco Javier Abad, da presidenta provincial e doutros especialistas na área que centrou o encontro

12e75f21a84c590508b0e35301675132.JPG

PP de Lugo | 2017-05-27

  • A construción da residencia de maiores no Hospital Xeral Calde e o centro de Infanta Elena, en Monforte; proxectos que foron ratificados hoxe polo representante do Goberno galego, e que dan mostra do compromiso da Xunta con esta provincia en materia social

 

  • Garcés Sanagustín anuncia que nasvindeiras semanas o Executivo de Rajoy presentará a primeira Estratexia Estatal de Persoas Maiores, ademais de disponer xa do borrador do Regulamento do Voluntariado e do primeiro Plan de Alzheimer de España

 

  • Dado que “la igualdad es un derecho humano”, o secretario de Estado denunciou as mostras de violencia machista, así como que se estea a empregar, a veces, esta lacra con fins políticos. “La mayor manifestación de discriminación es la violencia machista. Es indignidad moral, material y penal. Que nadie la utilice políticamente, que nadie lo haga y, sobre todo, mucho menos aquellas que les hemos dado la opción para que estén en las instituciones y no han querido estar. Como decía Orwell: en el mundo de la mentira, la verdad es revolucionaria. Nosotros diremos la verdad siempre y trabajaremos con coherencia y cordura”, destacou.

LUGO, 27 de maio de 2017.-O Partido Popular puxo en valor este sábado no marco da I Convención de Política Social e Igualdade, organizada por esta formación política, axestiónlevada a cabo polos Gobernos do Estado e da Xunta de Galicia nesta materia. Tal é así, que tanto o secretario de Estado, Mario Garcés Sanagustín, como o secretario xeral técnico da consellería de Política Social, Francisco Javier Abad, fixeron unha ampla exposición das medidas máis destacadas que ambas as dúas institucións están a levar a cabo co fin de conquerir esa igualdade en aspectos relacionados coa dependencia, a educación, a demografía ou a violencia de xénero.

 

Foron unhas intervencións con moito contido técnico, propio de reputados especialistas na materia, e cuxas conclusións, tal e como adiantou a presidenta provincial, Elena Candia, serán trasladas a todas ás institucións con responsabilidades de Goberno. Isto é, a Xunta de Galicia, o Goberno Central e a Deputación, sobre todo, porque se trata, dixo, “dunha materia con gran protección lexislativa, que nace xana propia Constitución, e porque o noso fin último é ser útiles á sociedade”. No marco deste compromiso, a dirixente política quixo destacar especialmente o traballo das asociación que, “día tras día, traballan co fin de multiplicar os recursos das administración para que estes cheguen ás familias”.

 

Tanto o responsable do Estado como da Xunta coincidiron en sinalar que o Partido Popular foi e está a ser o artífice dun cambio monumental na materia da convención. Proba delo, asegurou Garcés Sanagustín, é que “somos ejemplo en este sentido, tal y como nos dicen ministros de otros países y es que, engadiu, los derechos sociales non son patrimonio de la izquierda sociológica. Son patrimonio de todos los ciudadanos”.

 

Na mesma liña, o secretario xeral galego non dubidou en recoñecer que “o benestar dos galegos son compromisos ineludibles do Goberno”. Proba delo, é que por segundo ano consecutivo soben as partidas orzamentarias nesta consellería, cifradas en 643 millóns. Trátase segundo apuntou “dunha cifra histórica en Galicia”. Por exemplo, en materia de infancia e familia o investimento supera os 120 millóns de euros, sinalou.

 

Investimentos para maiores: residencia de Lugo

O secretario de Estado destacou o traballo do Goberno de Rajoy por impulsar unha política pensada no territorio e na poboación, poñendo, por primeira vez, o foco onde se ten que poñer, que é a demografía. E é que, na actualidade, o país conta con 9 millóns de persoas maiores de 65 anos e, en 2060, adiantou o popular, haberá un 38% máis, ademais de 200.000 persoas con máis de 100 anos.

 

Conscientes de que España ten a esperanza de vida máis lonxeva e só é superada por Xapón, e que temos a taxa natalidade máis baixa da UE, adiantou que nas vindeiras semanas o Goberno presentará a primeira Estratexia Estatal de Persoas Maiores, “pensando en su ocio y en que son un potencial para nuestra sociedad. Queremos romper el círculo vicioso e indigno de la soledad”. Asemade, precisou, o Executivo Central xa dispón do borrador do Regulamento do Voluntariado, que vai destinado á atención deste colectivo, porque “ellos son los que nos dan experiencia y conocimiento. Esos mayores han sido los que han permitido la transición del blanco y negro a la España del color”. Neste senso, o Ministerio xa dispón tamén do primeiro Plan de Alzheimer, pois un de cada dous maiores de 80 años en España padece esta enfermidade.

 

Investimentos para a dependencia: Centro de Infanta Elena

Tamén en materia de dependencia, constituíuse un grupo de traballo cuxas conclusións serán dadas a coñecer no Consello Territorial previsto para as próximas semanas. “El ciudadano lo que quiere es que se cubran sus necesidades y el informe va dar respuesta a ello. Cada 15 minutos muere una persoa que está e lista de espera y Rajoy ha pedido que se abordase de forma urgente el problema y este informe es crucial”.

 

Na mesma liña, e non menos importante, son as actuacións do Goberno galego. “En materia de maiores e dependentes comezamos o ano 17 por riba da media nacional, pese a quen lle pese”, destacou Abad. E é que 101 persoas xa están recibindo estas axudas. Ademais, anunciou que se incrementará a cobertura a aquelas persoas que teñen limitada a súa mobilidade. Neste obxectivo, enmárcase a construción de residencias públicas de maiores nas grandes ciudades de Galicia, dentro do programa chamado “Como na Casa”, cuxo Plan Director xa está aprobado, e a través do quemáis de 900 persoas poderán acceder a estas residencias, creándose con elo 500 novos empregos. A de Lugo, disporá de 120 prazas e estará emprazada no hospital Xeral Calde.

 

Na atención temperá no contorno familiar, a Xunta de Galicia incrementará ata en 60 millóns de euros a asistencia no fogar. “Destinaremos preto de 100 millóns de euros ás persoas con discapacidade, eliminando tamén barreiras arquitectónicas, creando novas prazas para o transporte, que beneficiará a 3.100 persoas este ano, e construiremos o centro de Infanta Elena, en Monforte”, remarcou.

 

 

Políticas de natalidade

“España no puede ser un país de mayores”, precisou o secretario de Estado. Por iso, avogou pola conciliación como unha medida para reducir as baixas taxas de nacementos. “Tenemos que dar la necesaria seguridad para que el hombre y una mujer pueden fundar un proyecto en común. Una mujer a tareas de casa dedica al día 4 horas y 20 minutos. El hombre, 1 hora y 17 minutos. El 93% de las excedencias son de ellas y solo 7% de ellos, al igual que para el cuidado de los mayores. En este caso solo un 3% de los hombres solicitan estos permisos”, apuntou.

 

Asemade, Garcés tamén destacou a aposta do Goberno para aumentaros permisos de paternidade e a necesidade de conquerir a plena igualdade laboral, pois “el espejo e que, a partir de diciembre, tenemos el récord de empleo femenino. 2 de cada 3 mujeres son emprendedoras y el 60% de los titulados son también del sector femenino”. Nesta liña, “el antiespejo” é que as mulleres cobran un 24% menos que os varóns, é dicir, que teñen que traballar 120 días máis que eles para que o salario sexa o mesmo.

 

Precisamente, o Goberno de Feijóo, co fin de rachar a fenda salarial, está a potenciar o programa a través do que os mozos realizan prácticas en empresas de 25 países de Europa.”Trátase de aumentar o liderado da nosa mocidade”, sinalou Abad.

 

Nesta lexislatura, o Executivo autonómico destinará 18 millóns de euros á Tarxeta de Benvida. “Ampliamos os lugares para usala. 14.800 se benefician dela. En Lugo 1.614. Aumentamos os recursos de conciliación con 30 casas nido e abrimos escolas infantís en parques empresariais”, sinalou o secretario da consellería. A Xunta tamén desenvolve a rede de prazas públicas para nenos de 0 a 3 anos, con máis 22.300 prazas, estando 4 puntos por riba do ratio da UE, fixado no 33%. Outras medidas encamiñadas a este fin, son o Bono Coidado, “co que prevemos que 3.000 familias se poidan beneficiar ao ano. No ano 16, en Lugo, concedéronse 7. Tamén o Bono Concilia e seguiremos extendendo a prestación por fillo a cargo para unidades familiares que non superan os 22.000 euros, das que 345 de Lugo se beneficiaron o pasado ano”, afirmou Abad.

 

Erradicación da violencia machista

Dado que “la igualdad es un derecho humano”, o secretario de Estado denunciou as mostras de violencia machista, así como que se estea a empregar, a veces, esta lacra con fins políticos. “La mayor manifestación de discriminación es la violencia machista. Es indignidad moral, material y penal. Que nadie la utilice políticamente, que nadie lo haga y, sobre todo, mucho menos aquellas que les hemos dado la opción para que estén en las instituciones y no han querido estar. Hoy en día hay 70 organizaciones de mujeres con las que estamos trabajando. Cada asesinato es un problema. 44 mujeres han fallecido el año pasado en España. En Alemania 320. En Suecia hubo 10, teniendo en cuenta que este país tiene una cuarta parte de población que el nuestro. Como decía Orwell: en el mundo de la mentira, la verdad es revolucionaria. Nosotros diremos la verdad siempre y trabajaremos con coherencia y cordura”.

 

Finalmente, o responsable do Goberno tamén defendeu o impulso de políticas que permitan erradicar a violencia de control a tráves das redes sociais. E todo elo, dixo, “porque en el PP defendemos la libertad, e mérito y la capacidad”.

 

Desenvolvemento da Convención
O encontrodeu comezo ás 10:00 horas. Logo dos relatorios do secretario de Estado e do secretario xeral da consellería, a secretaria Xeral de Igualdade, Susana López Abella, moderou a mesa redonda sobre a violencia de xénero, na que interviron, dende unha perspectiva xudicial, o vicedecano do Colexio de Avogados de Lugo, Óscar Núñez-Torrón Latorre; dende o ámbito social, a secretaria Xeral da asociación Mulleres en Igualdade, Carmen Funez de Gregorio; e dende a óptica asistencial, Carmen Paredes Cabral, membro do Centro de Urxencias para Vítimas de Violencia de Xénero (CEMVI).

 

A partir das 16:30 horas, a directora Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Amparo González Méndez, moderou a primeira sobre a situación dos menores, e na que participarán: Jesús Iglesias Vázquez, da asociación AGACEME de A Pontenova; Mónica Permuy López, presidenta da Fundación MENIÑOS; e Antonio Aparicio de Zúñiga, da Fundación CAMIÑA SOCIAL.

 

A continuación, tivo lugar a segunda mesa redonda, que versou a sobre inclusión social. Estivo moderada polo director Xeral de Inclusión, Arturo Parrado Puente. Interviron: Iris Castro Meitín, presidenta da asociación de Enfermos Mentais da Mariña; Mónica Seijas Rodríguez, xerente de APSNAIS; e a xerente de DOWN LUGO, Delfina Pérez Suárez. O simposio foi clausurado pola coordinadora sectorial de Política Social do PP de Lugo, María José Blanco Freire, e a presidenta provincial do PP.