Partido Popular de Lugo

AGUSTÍN BAAMONDE DÍAZ ASUMIU A PRESIDENCIA DA XUNTA LOCAL DO PARTIDO POPULAR EN VILALBA

Vilalba, 2 de febreiro de 2008.- Agustín Baamonde foi elexido hoxe por unanimidade presidente do comité local do Partido Popular en Vilalba durante a asamblea xeral celebrada no hotel Vilamartín, á que asistiu, entre outros cargos da formación política, o seu Presidente provincial José Manuel Barreiro.

 

O novo líder dos populares vilalbeses, que tamén é deputado autonómico e concelleiro na corporación municipal, mostrouse ilusionado con este reto que asume por primeira vez. Reorganizar o partido, sobre todo no que atinxe á estructura organizativa, é un dos seus obxectivos máis prioritarios.

 

Dinamizar a acción do partido, darlle voz propia á formación nos asuntos que sexan de trascendencia na política local e implantar unha estructura, que el califica como de acción rápida, en cada unha das 30 parroquias que ten o municipio, son outros dos obxectivos que se fixa nesta nova andaina.

 

Unha andaina na que, segundo recalcou, vaise apoiar no traballo que desenvolverán todos os integrantes que o acompañan na executiva, que calificou de “total renovación”.

 

“Era éste o momento de dar entrada a xente que represente o cambio xeneracional necesario en calquera organización política. Nesta executiva hai representantes de todos os sectores sociais e, o máis importante, moi xoven, pero que teñen experiencia política porque xa estaban integrados na estructura do partido”, explicou.

 

José Manuel Barreiro alabou o alto grado de renovación acadado no novo comité local e mostrouse confiado en que serán capaces de incrementar a ilusión e o respaldo co que que xa conta o Partido Popular neste concello. Animounos, asimesmo, a traballar duro para transmitir a todos os veciños as propostas coas que os populares concurren ás vindeiras eleccións xerais.

 

A nova executiva está integrada, ademáis de por Baamonde Díaz, polo alcalde da localidade, Gerardo Criado, Gloria Bodenlle, Juan Manuel Cancio, Mercedes Castro, Luis Cazón, María do Carmen Fernández, Iván Fernández, José María García, Ramiro Geada, Paulino González, Consuelo Grandio, José Janeiro, Enrique López, Vanesa Paredes, Gabino Rivas, José Ramón Roca, María Sanjurjo e María Cruz Vázquez.