O alcalde de Láncara e a metade do grupo socialista incumpren a súa proposta de renunciar ás dietas do pleno para transferilas á partida de servizos sociais

PP de Lugo | 2020-07-31

O voceiro do Partido Popular de Láncara, Santiago Cubillas, denuncia a “hipocresía” do alcalde e do PSOE, manifestada en que o alcalde e a metade do seu grupo incumpriron o proposta realizada polos socialistas no mes de maio de renunciar ás dietas da sesión para transferilas á partida de servizos sociais. O popular tilda de “caradura” a actitude do rexedor e dos seus compañeiros, pois “foron eles mesmos o que propuxeron que nos unísemos o resto de grupos políticos”.

 

O Partido Popular, sen embargo, cumpriu escrupulosamente o acordo. Tal é así que, segundo remarca Cubillas, foi o único grupo en facelo. “Estamos francamente sorprendidos ao constatar esta cuestión. Aquí é onde se vei a forma de actuar do Sr. Piñeiro. Con esta actitude non só nos mentiu a toda a Corporación, senón que mentiu a todos os lancareses”.

 

Para o voceiro do PP queda claro que os intereses do rexedor son máis económicos que atender ao concello. “Os acordos están para cumprilos. Este é un principio de sentido común. No doar estas dietas é unha falta de decencia política e persoal que di moito destes membros do Partido Socialista”, destaca.

 

Preguntas sen resposta

Os populares tamén denuncian “a falta de transparencia” do rexedor no que atinxe a dúas obras comprometidas pola entidade local na parroquia de Toirán, pois o socialista non contestou ás preguntas formuladas polos edís do PP sobre o avance de sendos proxectos. Trátase, concretamente, do proxecto previsto para a reitoral, onde está previsto á construción dun aparcadoiro, e do arranxo acceso a Freixido. Neste último caso, incluso un veciño doou os terreos e as máquinas da Deputación iniciaran os traballos. Ambas actuacións atópanse paradas dende hai anos e, a día de hoxe, nada se sabe se sabe se o Concello prevé avanzar no seu trámite.

 

Colaboración do PP

Sobre o Plan Especial de Infraestruturas e Dotacións de A Pobra, dende o PP manifestaron a súa vontade de colaborar co Concello en todo o que sexa preciso para que este proxecto se leve a cabo. Tal é así que Santiago Cubillas se ofreceu “a falar con quen faga falta” para desbloquear este asunto.