As xestións dos veciños e do Grupo Municipal Popular de Ribadeo fan posible unha intervención de urxencia da man de Patrimonio para salvagardar as pinturas do santuario das Virtudes da Ponte de Arante

Dende o Grupo Municipal Popular ribadense poñen en valor o investimento de máis de 3.600 euros nestas obras que permitiron a apertura dunha franxa no morteiro da parede dun exvoto de temática mariñeira do século XVII único en Galicia para que a humidade non afecte ao mural

f01b84b0a10da254fe089cae2885e315.jpeg

PP de Lugo | 2019-07-09

Ribadeo, 9 de xullo de 2019. O Grupo Municipal do PP de Ribadeo agradece a intervención de urxencia que a Xunta realizou no santuario das Virtudes da Ponte de Arante da man da Dirección Xeral de Patrimonio co fin de salvagardar as súas pinturas murais, o único mural sobre temas do mar do século XVII en Galicia. O Goberno galego dirixiu algo máis de 3.600 euros de orzamento a estas actuacións.

 

A concelleira popular delegada de cultura, Begoña Sanjurjo, sinala “a importancia destas obras que permitiron a apertura dunha franxa no morteiro da parede onde se atopa un exvoto de temática mariñeira do que os ribadenses nos sentimos moi orgullosos para que a humidade non afecte á pintura”. Esta representación que fai alusión a un naufraxio que chegou a bo termo por mediación da Virxe, xunto co resto das do inmoble, foi restaurada no seu momento pola Consellería de Cultura.

 

“Grazas á actuación do Goberno galego podemos conservar estes murais que se estaban deteriorando debido á humidade”, explica Sanjurjo. A edil popular tamén apunta que “trala primeira intervención na que se realizou unha canle de aireación, as técnicos de Patrimonio determinaron que, afortunadamente, o estado das pinturas é mellor do que se prevía”.