Balseiro interésase no Parlamento polo Plan para evitar futuras inundacións en Xunqueira (Viveiro)

99153b4023cda7a06a2307c42cbcfc0f.jpg

PP de Lugo | 2020-11-17

O deputado do Grupo Popular José Manuel Balseiro vén de rexistrar unha pregunta parlamentaria na que se interesa polo plan da Xunta para evitar futuras inundacións no barrio de Xunqueira, en Viveiro.

 

O pasado mes de setembro a Consellería de Infraestruturas licitou (por 67.000 euros) a redacción do proxecto construtivo no que se definirán as obras a acometer neste barrio para intentar evitar novos asolagamentos, como os que aconteceron tras as choivas torrenciais de outono de 2018

 

Este foi un dos compromisos adquiridos polo Goberno Feijóo coa veciñanza da zona e vén a completar o estudo feito por Augas de Galicia que analizou a dinámica dos rios que pasan polo barrio e os distintos puntos de risco que existían.

 

Para o financiamento das futuras obras a Xunta chegou a un acordo co Concello e coa Deputación de Lugo. En virtude do mesmo Augas de Galicia asume a contratación dos traballos, financiando as tres administracións a partes iguais os recursos económicos necesarios para acometer as obras necesarias

 

O deputado popular lembra que foi a administración autonómica quen en todo momento levou a iniciativa neste asunto: en primeiro lugar, para elaborar o plan específico para a xestión dos riscos deste barrio e agora, para seguir dando os pasos precisos e que as obras e as solucións técnicas sexan realidade á maior brevidade.