Partido Popular de Lugo

Barreiro anuncia que o PP pedirá no Senado que o Goberno cumpra e manteña todos os compromisos relativos á provincia

24 de setembro, 2018. O vicevoceiro no Senado, José Manuel Barreiro, acompañado do resto de senadores pola provincia, Dámaso López, Fernando Carlos Rodríguez e Gerardo Criado, anunciou este luns que o Grupo do PP presentará no Pleno do Senado unha batería de iniciativas, a través da que lle pedirán ao Goberno de Sánchez que manteña e cumpra todos os compromisos relativos á provincia, e que deixara encamiñados e consignados nos Orzamentos con partidas concretas o Executivo de Mariano Rajoy.

 

Deste xeito, segundo explicou o popular, o primeiro que demandarán é a chegada da Alta Velocidade a Lugo, a través da conexión de Monforte de Lemos; unha actuación apuntou Barreiro, “irrenunciable para a nosa provincia, tal e como recentemente ratificaron en Lugo o ex ministro de Fomento e o propio presidente da Xunta de Galicia”.

 

Asemade, nesta batería de iniciativas tamén esixirán ao Partido Socialista o mantemento de todas e cada unha das actuacións programadas para as Autovías que vertebrarán a provincia co resto da Comunidade. Referiuse o vicevoceiro do Senado ás que comunicarán Lugo con Santiago (A-74), Lugo con Ourense (A-56) e a da Mariña (A-74).

 

Os populares levarán así á Cámara Alta todos os compromisos asumidos nos Orzamentos, e que foron aprobados, lembrou, cos votos en contra do PSOE. E é que, ademais, defendeu, “estamos lexitimados para facelo, pois somos o Partido que os impulsamos. Incluso fomos nós mesmos os que lle pedimos ao Goberno de Rajoy tamén o seu cumprimento nas datas e prazos previstos”, insistiu.

 

 

Nova comisaría da Policía

No que refire ás actuacións previstas para Lugo cidade, e que dependen directamente do Goberno Central, Barreiro informou de que empregarán a maioría que teñen no Senado para solicitar ao actual ministro de Interior que explique que previsións ten para a execución da nova comisaría de Policía, no barrio da Residencia, pois, neste caso, e lonxe de amosarse triunfalista, destacou que foi el mesmo o que acadou o compromiso tácito do ex dirixente desta carteira a través dunha pregunta no Senado, en novembro do pasado ano.

 

Actualidade política

No Pleno desta semana, os populares tamén presentarán outras que respostan máis ao interese xeral do país. A este respecto, explicou que defenderán o equilibrio entre as dúas Cámaras -Congreso e Senado-, logo da emenda que o PSOE presentou á Lei de Violencia de Xénero co obxectivo de modificar a Lei de Estabilidade Presupostaria, destacando que “moito nos tememos que o que están facendo é cargarse o Senado pola porta de atrás porque non teñen a maioría absoluta”. Trátase esta dunha intención que dá resposta, segundo afirmou Barreiro, á petición do Grupo de Podemos para que o actual presidente do Goberno fose apoiado na investidura. “Imos a ser belixerantes co Estado e o equilibrio constitucional”, remarcou.

 

Por outra banda, solicitarán a reprobación da actual ministra Dolores Delgado, logo de observarse feitos suficientes para elo na súa defensa do papel da Xustiza. Asemade, tamén pedirán que o Executivo lles garanta aos pais o dereito de que poidan escoller o tipo de Educación que consideren para os seus fillos, e non aconteza como noutras Comunidades como a valenciana, “na que se cargaron a ensinanza concertada”.

 

Decrecemento económico

En canto á situación económica do país, e logo de que un informe da OCDE revelase un decremento significativo nesta materia dende a entrada do PSOE no Goberno, reproban a suba de impostos que pretende aplicar o equipo de Pedro Sánchez. A este respecto, Barreiro puxo como exemplo o do diésel, e que afecta a unhas 650.000 persoas en Galicia.

 

E é que, apuntou, “se xa existe unha desaceleración económica -con Mariono Rajoy a economía medrou no primeiro trismestre do ano un 0,7 e agora se sitúa no 0,2-, co incremento de novos impostos, esta aínda será maior. E xa sabemos como fan os socialistas coa economía, onde nada din como fixo Zapatero”, concluíu.