Partido Popular de Lugo

Cubillas lamenta que o alcalde “estea máis preocupado polas listas electorais que por ter o concello en bo estado”

12, marzo, 2019. O candidato á alcaldía de Láncara, Santiago Cubillas, lamenta que o alcalde socialista “estea máis preocupado polas listas electorais que por ter o concello en bo estado”. Deste xeito, o popular pon como exemplo a estrada que vai a Villarín e Cortella, “que está totalmente desfeita” e supón “un perigo” para os usuarios.

 

“O que semella ter pánico é Piñeiro. Pero, dende o Partido Popular non imos a entrar no seu xogo desquiciante. Estamos moi centrados e, sen lugar a dúbidas, o que facemos é traballar”. Exemplo diso é esta reivindicación., apunta. “Non pode ser que o socialista lle preocupe máis as listas que como ten o municipio. Aquí é onde se ven as prioridades duns e dos outros. Afortunadamente, non todos somos iguais”, precisou.

 

Así mesmo, engadiu o candidato do PP á alcaldía que “estou disposto a debater sobre política cando queira”; pero lembroulle ao rexedor socialista que “antes que políticos somos persoas e Meilán sempre mantivo a súa palabra, non coma o alcalde que a incumpriu varias veces e incluso tras ter asinado acordos notariais”. Igualmente, indica Cubillas que “o que cambiou de ideoloxía foi el. A nosa baséase en mirar polo noso concello”.

 

Por outra banda, o alcaldable popular recórdalle que “Meilán formou goberno co PSOE, pero agora que se integra na lista do Partido Popular pon o grito no ceo”.

Vella demanda do PP

Malia que o viario indicado sufriu novos desperfectos a consecuencia do paso de vehículos pesados pola construción do parque eólico da Meda, o seu arranxo é unha vella demanda dos populares. Concretamente, Cubillas xa alertou da súa situación no Pleno de xullo de 2016, sen obter ningún tipo de resposta nin de actuación por parte do equipo de goberno; feito que provocou que en 2018 se volvese a dirixir aos dirixentes locais noutra sesión plenaria. “O certo é que xa hai tres anos que o pedimos e o acceso está practicamente intransitable”, insiste.

 

Fondos para o arranxo

Por outra banda, e dado que, a entidade local vén de ingresar 170.000 euros en concepto de licencia para a instalación desta infraestrutura, o alcaldable esixe ao rexedor que dita cantidade reverta na mellora desta estrada. “Semella lóxico que sexan os veciños da zona os que se beneficien destes fondos”, conclúe.