Daniel Vega afirma que Portos de Galicia está a ultimar a súa RTP, que inclúe novos gardapeiraos para Burela e Celeiro

1183836d5ba1a1244a17a87535b38ec8.jpeg

PP de Lugo | 2021-01-22

O deputado do Grupo Popular Daniel Vega afirmou hoxe no Parlamento que a Xunta, a través de Portos de Galicia, está a ultimar a relación de portos de traballo cos representantes dos traballadores co obxectivo de que estea en vigor nas vindeiras semanas. “Deste xeito, incorporaranse  a este cadro de persoal un xefe de gardapeiraos en Burela e un novo gardapeiraos para o porto de Celeiro, dotando de máis servizos e máis seguridade aos nosos portos e dando resposta ao sector pesqueiro da Mariña”, sinalou.

 

Daniel Vega asegurou que “somos coñecedores das demandas dos usuarios e por iso a Xunta está a cubrir estas vacantes”. “Portos de Galicia leva traballando nesta relación de postos de traballo varios meses e agora será consultado cos representantes dos traballadores”, engadiu.

 

No caso concreto do gardapeiraos de Celeiro, o deputado popular explicou que “estase a cubrir a única vacante existente e con todos os procedementos legais aplicables”. “En conxunto, estanse a dotar dúas novas prazas dentro da futura RTP de Portos de Galicia que suporán unha maior atención aos portos da zona da Mariña lucense”, dixo.