Daniel Vega destaca o potencial turístico da praia das Catedrais: “un espazo seguro que conxuga medio ambiente e cultura”

b2a6ea4bd9f3f28a37b6d1afb9d75b3c.jpeg

PP de Lugo | 2021-04-05

O voceiro do Grupo Municipal Popular de Ribadeo,  Daniel Vega, destaca o potencial da praia ribadense das Catedrais dende o punto de vista turístico e reitera que “este areal é un espazo seguro”.

 

O Monumento Natural das Catedrais “conxuga medio ambiente e cultura” e, polo tanto, constitúe un gran reclamo turístico que, ademais, facilita o cumprimento das medidas sanitarias fronte á covid-19 ao tratarse dun espazo ao aire libre.

 

Así o manifesta Vega tras participar na visita da conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, na que fixo balance da afluencia turística ao areal que, a pesar de non rexistrar cifras coma en anos anteriores debido ao peche perimetral da nosa comunidade, recibiu máis de 6.000 visitas nesta Semana Santa.

 

Daniel Vega pon en valor os investimentos da consellería no areal ribadense dende o ano 2015, cando foi aprobado o Plan de conservación das Catedrais, e que ascenden a máis de 1,35 millóns de euros. 

 

Durante a súa visita ao entorno das Catedrais, a conselleira apostou por seguir destinando investimentos á revitalización do patrimonio natural de cara á consolidación dun turismo sostible e de calidade en Galicia. 

 

Vega ve positivas estas declaracións e explica, neste sentido, que “se temos un espazo como é a praia das Catedrais a onde acoden moitos turistas, temos que desenvolver diferentes actuacións dirixidas a beneficiar a Ribadeo”. De feito, o popular manifesta que “dentro da colaboración e da xestión permanente, este Grupo Municipal seguirá traballando en beneficio de Ribadeo”.