Elena Candia celebra que o Goberno suspendese a regra de gasto para 2020 e afirma que "gañou o municipalismo"

8e2e2f110af0d05066c22be71065aa55.jpg

PP de Lugo | 2020-09-14

A presidenta provincial, Elena Candia, e en nome de todo o PP de Lugo, celebra que, finalmente, o Goberno suspendese a regra de gasto para 2020. A este respecto, a responsable dos populares na provincia, que en días pasados se manifestou moi crítica con este asunto, indica que "gañou o  municipalismo".

 

Por este motivo, Candia agarda que o presidente da Federación Española de Municipios e Provincias e alcalde de Vigo, Abel Caballero, “se centre máis en defender aos Concellos, xa que neste asunto todos os partidos estivemos dacordo e só se manifestou en contra o PSOE". Por tanto, conclúe: "se hoxe os Concellos se senten máis aliviados é pola presión do PP”.

 

Os populares lucenses consideran que a suspensión é “algo xusto”, destacando que neste tema “sempre fomos moi contundentes”. A través de diversas manifestacións públicas, tanto a presidenta provincial -que é perfecta coñecedora da administración local debido ás súas responsabilidades no Concello de Mondoñedo-, como alcaldes e deputados e senadores, expresaron o seu rexeitamento á convalidación do Real Decreto 27/2020, do 4 de agosto, que pretendía que os Concellos cedese o seu remanente de tesourería ao ministerio de Facenda.

 

Así, pediron que se deixase sen efecto e que se deslindasen os fondos adicionais que se lle deberían de conceder aos Concellos e Deputacións, da cesión do diñeiro xestionado de maneira eficiente polas entidades locais.  E é que considera Candia, de prosperar racharíase, ademais, por primeira vez, un consenso histórico ignorando a autonomía municipal.

 

O PSOE só se preocupa de Sánchez

Por este motivo, a máxima mandataria dos populares de Lugo reproba publicamente que os socialistas da provincia non apoiasen o acordo. "Quedou claro que entre Pedro Sánchez e Lugo, os socialistas sempre van elixir a Sánchez", sentencia.