Elena Sierra denuncia o “perigoso” estado do paseo das Aceas froito da falta de planificación, conservación e limpeza das zonas verdes municipais

093b63568fe6555d1230fd4665459328.jpeg

PP de Lugo | 2021-02-23

A vicevoceira do Grupo Municipal Popular de Ribadeo, Elena Sierra, denuncia o perigoso estado do paseo das Aceas froito do “abandono por parte do goberno local do BNG”.

 

A popular insta ao goberno local do BNG a arranxar esta ruta costeira “polo ben de Ribadeo” e pídelle “menos fotos e máis traballo de conservación” porque “xa estamos cansados de tanta foto suxeitando o eucalipto”.

 

A vicevoceira dos populares explica que “desde fai meses o Grupo Municipal Popular leva insistindo na necesidade de contar cunha planificación para desenvolver uns correctos labores de conservación e limpeza en parques, xardíns, áreas recreativas e zonas verdes en xeral”.

 

Ante o seu estado, Sierra manifesta a súa preocupación porque “este abandono supón un risco para os usuarios”; xa que “as zonas de desprendementos de terra cara á ribeira do mar supoñen un perigo para as persoas” especialmente tendo en conta que “por esta ruta costeira moita xente disfruta do seu tempo libre ou, incluso, fai deporte” á beira do mar.

 

O Paseo das Aceas correspóndese coa primeira etapa do Camiño Natural da Ruta do Cantábrico que comeza no porto de Ribadeo e bordea a costa ribadense ata rematar na praia das Catedrais, declarada de Monumento Natural.