Ethel Vázquez pon en valor a aposta do Goberno de Feijóo para a vertebración da Zona sur con Lugo, a través do corredor

7c399f2e88f3c30e57bce8e577d93c19.jpg

PP de Lugo | 2020-07-08

A candidata do PP número 5 pola provincia da Coruña, acompañada de candidatos do PP pola provincia de Lugo, concretamente da Cristina Sanz e de Encarna Amigo, mantivo esta tarde un encontro de traballo con representantes empresariais e comerciantes de Sarria. Nese encontro, Ethel Vázquez puxo en valor os investimentos que nos últimos anos ten realizado o Goberno Feijóo en Sarria, en materia de infraestruturas e tamén os que ten previsto acometer nos vindeiros catro anos se o PP obtén a confianza dos galegos este domingo nas urnas.

 

Neste senso, informou aos empresarios e comerciantes de Sarria de que hoxe mesmo se veñen de adxudicar as obras da primeira fase de desdobramento da VAP Nadela-Sarria, nos 11,5 quilómetros entre A Pobra de San Xiao e Sarria centro. Esta actuación suporá un investimento duns 20 millóns de euros e as obras, segundo salientou, iniciaranse este mesmo verán. Con esta actuación búscase reforzar a seguridade viaria, a mellora da funcionalidade e o nivel de servizo desta infraestrutura.

 

Ethel Vázquez xustificou o comezo de ampliación da capacidade neste treito da VAP tanto pola alta intensidade de tráfico que rexistra, uns 7.540 vehículos ao día, como pola súa orografía complicada, con pendentes pronunciadas que reducen a velocidade dos vehículos e diminúen as posibilidades de adiantamento. Lembrou que o deseño da autovía responde aos criterios técnicos máis exixentes, o que vai a permitir facer o percorrido de xeito máis rápido, máis seguro e con maior comodidade, cunha velocidade máxima de 120 Km.

 

O reforzo da competitividade, coa mellora das infraestruturas foi así o principal asunto que centrou o encontro cos empresarios e comerciantes de Sarria. Neste sentido puxo en valor os investimentos realizados nos últimos anos e os previstos para mellorar a rede autonómica de estradas ao seu paso por este concello, co obxectivo de reforzar a seguridade viaria e favorecer os desprazamentos dos veciños.

 

Ademais de melloras do firme, como o que está previsto levar a cabo na LU-546, ao seu paso polo concello de Sarria cun investimento duns 133.000 euros, Ethel Vázquez referiuse ao inxente esforzo realizado nos últimos anos para favorecer o reequilibrio territorial que se traduciu, que aínda en tempos de crise económica, se teñan destinado máis de 135 millóns de euros para facer realidade a conexión entre Sarria e Monforte, pechando o percorrido entre Lugo e Monforte a través dunha vía de altas prestacións.

 

Ethel Vázquez lembrou que recentemente se rematou a instalación de balizas de separación de sentidos de circulación ao longo de 18 km desta vía de alta capacidade, entre Sarria e Monforte, para facilitar a percepción da separación entre sentidos de circulación de cara a incrementar a seguridade viaria.

 

OUTRAS ACTUACIÓNS

En materia de mobilidade e na aposta por unha Galicia verde, familiar e moza, abordouse o Plan de Transporte Público que se está a implantar no conxunto da Comunidade e co que se fará chegar os beneficios que hoxe en día ten o Plan de Transporte Metropolitano ao conxunto do territorio. O obxectivo é ofrecerlle aos veciños vantaxes e descontos no transporte público interurbano dependente da Xunta: entre finais de ano e comezos do próximo os veciños de Sarria poderán usar a tarxeta TMG, que supón bonificacións importantes para os usuarios no transporte público interurbano; e tamén os menores de 21 anos de Sarria poderán empregar a tarxeta Xente Nova, coa que poderán viaxar gratis nas liñas de autobús que dependen da Xunta.

 

Ademais da mellora dos servizos de autobús, o Goberno Feijóo tamén está a apostar pola mellora das infraestruturas: neste momento están levándose a cabo os traballos de reparación e mellora da estación de autobuses de Sarria que supoñen un investimento de 130.000 euros.