Fuente Parga renuncia como concelleiro de Barreiros e asumirá a portavocía do grupo popular José Manuel Gómez Puente

02b8a00ba1e1a3ceac10b92b77f72974.jpg

PP de Lugo | 2021-01-21

O ex alcalde e actual portavoz do PP na corporación municipal de Barreiros, Alfonso Fuente Parga, renuncia a acta de concelleiro e será substituído como portavoz por José Manuel Gómez Puente, que ademais de concelleiro é deputado provincial.

 

Alfonso Fuente Parga (Benquerencia-Barreiros, 1971) deixa a concellería por motivos puramente profesionais. Chegou á corporación municipal en 2003 como número dous na lista popular encabezada por Luís Fraga (alcalde). Ao falecer este en 2005, Fuente Parga asumiu a alcaldía, cargo que desempeñou ata as eleccións dos 2019; dende entón exercía como portavoz do seu grupo. Destaca o apoio recibido por parte dos veciños dende que chegou á corporación municipal.

 

Pola súa parte, o que será o novo portavoz popular en Barreiros, José Manuel Gómez Puente (Cospeito, 1967), entrou na corporación de Barreiros no mesmo ano que Fuente Parga. Anuncia que dará continuidade ao magnífico traballo levado a cabo por Fuente. Indica que un dos seus obxectivos será o de manterse tan próximo como lle sexa posibles aos afiliados. Gómez Puente reside en Barreiros desde 1996, ano no que foi destinado profesionalmente a este municipio.