O Goberno confirma que o ministerio e Adif non construirán a variante de Rubián da liña ferroviaria Lugo-Ourense

PP de Lugo | 2021-04-28

O Goberno confirma que o ministerio de Transportes, Mobilidade e Axencia Urbana e Adif non construirán a variante de Rubián (Bóveda) da liña ferroviaria Ourense-Lugo. Así se desprende da resposta emitida á pregunta formulada no Congreso polos deputados do PP de ambas as dúas provincias, Jaime De Olano, Joaquín García Díez, Celso Delgado e Ana Vázquez, e que indicaba o seguinte: ¿La reciente licitación del proyecto Túnel de Oural, implica que el MITMA abandona la construcción de la variante de Rubián, en la cual se hallaba incluído dicho túñel?

 

A resposta literal é a que se indica a continuación: Sin perjuicio de actuaciones a mayor plazo, en estos momentos, el Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana, a través de ADIF, está concentrado en la mejora de la línea existente, donde invertirá 546 millones de euros en la modernización y mejora del corredor.

 

La licitación de las obras para la Construcción del túnel de Oural se enmarca dentro de las actuaciones necesarias para la electrificación de la línea entre Ourense y Lugo, debido a las necesidades que esta actuación exige. El actual túnel presenta un diseño y una longitud tal que no permite, con menores actuaciones, albergar todos los elementos necesarios (gálibo, pasillos de evacuación, etc.) para dar cumplimiento a las actuales normativas y requisitos de seguridad en la circulación, interoperabilidad y gálibo. Por esta razón es necesaria la ejecución de un nuevo túnel, quedando el actual como galería de emergencia.

 

Con estes datos, os deputados do PP consideran que se demostra que, “por unha clara vontade de abandonar á nosa provincia por parte do Executivo de Sánchez”, os lucenses non disporán da mellora que implicaría a execución desta variante. Concretamente, unha redución de 12 minutos na viaxe por tren. A construción do enlace dos Peares elevaría este tempo de aforro aos 23 minutos e coas dúas variantes en servizo, Lugo e Madrid quedarían situadas a 3 horas e 20 minutos.

 

Esta pregunta xurde logo de que o Goberno tampouco precisase nin concretase nada respecto do estado dos contratos entre o ministerio e Ineco referidos ás variantes e se ían someter estes proxectos a información pública, posto que o propio Goberno dicía en febreiro de 2020 que contaba cos estudos informativos redactados. Daquela os populares de ambas as dúas provincias xa advertían que non se ían render e que seguirían presentando iniciativas parlamentarias para que o ministerio rectificase na súa decisión.

 

“Finalmente, apuntan, o que nos volven é dar evasivas e escusas baratas, confirmando que non van executar a variante prevista castigando con elo a Lugo e aos lucenses”, lamentan.