“Un Goberno do PP en España é o único que pode comprometerse co despoboamento e o rural de concellos como Samos”, subliña o candidato

PP de Lugo | 2019-03-15

“Un Goberno do PP en España é o único que pode comprometerse co despoboamento e o rural de Concellos como Samos”. Así o quere destacar o candidato á alcaldía deste municipio, José Fernández.

 

Neste senso, o alcaldable destaca a importancia de apoiar o 28 de abril á formación coa que concorre ás municipais, pois “todos podemos comprobar o caos no que Pedro Sánchez meteu ao país”; o mesmo, engadiu, “no que está o noso municipio”.

 

Deste xeito, fronte ao que considera “unha falta de xestión e inacción máis que notoria”, os dirixentes do PP cando gobernan, non só lideran, senón que xestionan, facendo útiles as administracións. É o caso, subliñou, da Xunta de Galicia. O Executivo galego investiu o pasado ano neste municipio máis de 2,7 millóns de euros, e que serviron para prestar unha mellor atención aos maiores, grazas ao SAF; o rural, co programa Aprol Rural e as axudas para a incorporación de mozos e pequenas explotacións, entre outras iniciativas; o sector do turismo, coas axudas para negocios hostaleiros e para reparacións realizadas no Camiño Francés e promoción do mesmo, etc.

 

“Esta é a realidade. Temos un presidente Sánchez que estivo pouco no cargo, pero nada fixo, salvo enfrontar España ou andar de viaxes privados; ou ben, un candidato do PP, como Pablo Casado, que pertence a un Partido que, cando goberna, fai rendibles para os cidadáns as administracións. Non hai máis que ver o que fixo aquí a Xunta de Feijóo”, defende.

 

Ilusión e proxecto
Natural de Gontán e director dunha coñecida autoescola, non dubida en amosar a súa ilusión polo proxecto que emprende a nivel político, e do que se rodeará de “compañeiros, cuxo máximo interese sexa traballar para mellorar a calidade dos veciños”.  

 

Por iso, cree que “pode ofrecer moito”, xa que, ademais de vivir na localidade, é o presidente e fundador da Asociación de Comerciantes e Artesáns, que data de 1.994 e que xa leva organizando dende hai máis de 20 anos a coñecida Feira de Produtos Artesanais. 

 

Trátase, por tanto, dun candidato cun gran arraigo con Samos e moi coñecido polo seu labor empresarial e asociativo. Por iso, se acada a confianza dos veciños na cita electoral de maio, adianta, como primeiras medidas, potenciar o sector agrogandeiro da zona, así como a economía local, baseada nunha boa parte no Camiño Francés, e o patrimonio cultural.