Javier Castiñeira sobre a moción do PSOE de Alcoa: “Intentan confundir. É unha tomadura de pelo que non nomeen a aprobación do estatuto”

2830bb6ca233edc1b623ce8336807183.jpg

PP de Lugo | 2020-07-28

O Grupo Provincial do Partido Popular abstívose na moción do Partido Socialista para reclamar ao presidente da Xunta de Galicia que cumpra as súas promesas electorais con Alcoa, e fíxoo porque se trata dunha clara intención “de manipular” aos traballadores e á cidadanía en xeral. “Intentan confundir”, remarcou o popular, pois quen ten as competencias directas en materia de enerxía é o Goberno Central.

 

Por este motivo, Castiñeira considera que esta moción carece de sentido dende o momento en que no texto da mesma non se esixe ao Executivo de Sánchez a aprobación do estatuto electrointensivo que é o mecanismo que solucionaría a deriva na que está sumida a factoría de San Cibrao. “É unha tomadura de pelo que non nomeen a aprobación do estatuto. Que non fale del é unha falta de respecto á Mariña e ás familias afectadas”, afirmou.

 

“Estamos sorprendidos de que viñera o Partido Socialista a falar de Alcoa. O presidente Feijóo dixo que se o PP gobernaba en España a partir do 10 de novembro, se solucionaría o tema desta empresa e nesas palabras xa anticipaba que sen o estatuto non se ía ter unha solución”. Por tanto, engadiu, “esta moción faille un fraco favor ás familias afectadas”.

 

O popular cuestionaba así a exposición de motivos da iniciativa socialista, sobre todo, porque “levamos 18 meses de mentiras”. Concretamente, citou, “en outubro de 2019, a ministra xa garantizaba a aprobación del estatuto; en xaneiro deste ano, adiantaba unha rebaixa da luz; e, meses máis tarde, o que están enriba da mesa son os máis de 500 despidos”. Son todas, segundo afirmou o voceiro do PP, promesas incumpridas que se contrapoñen coa xestión do Partido Popular.

 

E é que cando gobernaba Mariano Rajoy fixéronse xestións relativas á poxa electrointensiva, construíuse un gasoducto na Mariña, traballouse co comité de empresa para as alegacións que presentou a Xunta de Galicia, etc. “Pregúntelle que fixemos uns e que fixeron outros”, replicoulle Javier Castiñeira á voceira do PSOE neste asunto, María Loureiro. “Son a terceira forza nestes momentos, logo das eleccións autonómicas. Así que déixense de redirixir a culpa á Xunta. Que poida existir un comprador non exime de aprobar un estatuto. Sen estatuto e sen enerxía a un prezo competitivo, Alcoa non ten futuro”, sentenciou.

 

“Alcoa leva 18 meses escoitando as mentiras de ministros. Esperou a ter as condicións enerxéticas para poder seguir. Leva 22 anos operando na Mariña e ogallá que puidésemos seguir como estabamos pero o problema é que chegou o Sr. Sánchez e non cree na industria electrointensiva”. A este respecto, Castiñeira tamén criticou a actitude do Bloque Nacionalista Galego, pois o seu apoio á investidura do presidente do Goberno ía condicionada ao salvamento desta fábrica. “Eu non sei que firmaron vostedes para apoiar ao Sr. Sánchez. Responsabilízanse diso porque é gravísimo. Non lle boten a culpa a quen no a ten”, respostou o popular á intervención dos representantes do Grupo do BNG.