Novo reparto con gran aceptación do xornal popular “Galicia, Galicia, Galicia...GALICIA” en Lugo, Monforte, Sober e Viveiro

a1ddd0764340e2c2fc4296ba0dd05089.jpg

PP de Lugo | 2020-03-12

Ao longo da provincia proseguiu hoxe o reparto do xornal popular Galicia, Galicia, Galicia... GALICIA. No sur da provincia participaron no reparto as candidatas Katy Varela, en Monforte, e Raquel Arias, en Sober. Na capital da provincia a distribución desta publicación correu a cargo de Ramón Carballo e concelleiros do Grupo Municipal Popular. En Viveiro hoxe foron os concelleiros populares os encargados de entregar aos veciños exemplares do xornal no que Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta e candidato a repetir no cargo, sostén nunha entrevista: «Fun, son e serei un presidente libre que só se debe a Galicia». Na mesma entrevista explica porque hoxe Galicia crece, ten menos paro, menos impostos e máis e mellores servizos públicos.