O PP de A Montaña destaca que os 17 millóns investidos por Medio Rural contribúen a aumentar a rendibilidade dos sectores agrogandeiro e forestal

O importe destas axudas enmárcanse en programas como o plans de mellora, as axudas para a incorporación de mozos, o Plan Marco, as concentracións parcelarias, a PAC, o impulso da produción ecolóxica e dos traballos de silvicultura ou a transformación e comercialización de produtos

PP de Lugo | 2018-06-13

12, xuño, 2018. A consellería de Medio Rural investiu o pasado ano uns 17 millóns de euros na Zona Sur da provincia, o que permitiu, segundo apuntan os populares da comarca, a aumentar a rendibilidade dos sectores agrogandeiro e forestal, así como a mellorar as tarefas desta índole que realizan as entidades locais, como poden ser os traballos de desbroce das estradas da súa titularidade, grazas á concesión de axudas para a adquisición de tractores agrícolas.

 

Concretamente, o importe destas axudas non só supuxo “un impulso para moitos gandeiros, senón que tamén contribuíu á creación de novos postos de traballo na comarca e, por tanto, ao asentamento de fixación de poboación”, afirman. E é que a maior parte destas subvencións enmárcanse en distintos programas liderados polo departamento autonómico, como son os coñecidos plans de mellora; as axudas para a incorporación de mozos; o Plan Marco para a rehabilitación de camiños; as concentracións parcelarias; o pagamento da PAC; o impulso da produción ecolóxica e dos traballos de silvicultura, limpeza de montes e reforestación; a transformación e comercialización de produtos, etc.

 

A este respecto, dende o PP agradecen a colaboración da Xunta de Galicia, que vén a dar cumprimento ao que anunciou o presidente, Alberto Núñez Feijóo, ao comezo do presente mandato. “O presidente dixo que esta ía ser a lexislatura do rural, e con estas cifras estámolo vendo. Este investimento axuda aos beneficiarios a profesionalizarse, garantindo a viabilidade das súas explotacións e incluso algo que a veces é moi difícil, sobre todo na nosa zona, pola orografía que temos, como é o relevo xeracional”, remarcan.

 

 

Importe por municipio

Deste xeito, o desglose destes case 17 millóns de euros é o seguinte:

Consellería do MEDIO RURAL. INVESTIMENTOS e AXUDAS PAGADAS durante a anualidade 2017

TOTAL por CONCELLO

CONCELLO

1.801.366,97

Baleira

2.355.544,51

Baralla

1.836.813,88

Becerreá

1.911.840,23

Cervantes

4.197.785,45

Fonsagrada (A)

1.469.151,01

Navia de Suarna

378.990,54

Negueira de Muñiz

1.267.132,23

Nogais (As)

992.801,80

Pedrafita do Cebreiro

633.672,93

Ribeira de Piquín

16.845.099,55

TOTAL provincia