Partido Popular de Lugo

O PP de Burela asegura que “a inacción do alcalde prexudica a comercios e veciños”

BURELA, 19 de setembro de 2018.- O Grupo Municipal Popular de Burela asegura que “o alcalde e o seu equipo están esquecendo deliberadamente actuacións que deberían acometerse con premura. Ese retraso está prexudicando aos comercios instalados nas inmediacións das zonas afectadas e tamén aos veciños que empregan determinadas rúas ou camiños”, afirman.

 

Rúa do Río

Os populares consideran que as beirarrúas da rúa do Río “a única auga que ven é a da choiva”. Tal é así que, destacan, “o seu aspecto é o mesmo que se tiveran vinte ou vintecinco anos, dado que están moi sucias”. Isto demostra para os populares que a pretendida limpeza a presión destes espazos, “e que nos vendeu o alcalde, era pura filfa”.

 

Deste xeito, reiteran que esta situación vai en detrimento dos veciños e tamén da cantidade de negocios que hai nesa rúa que, ademais, é proporcionalmente unha das máis puxantes de Burela dende o punto de vista comercial.

 

Actuacións en Vilar

O PP de Burela considera que as actuacións do goberno municipal en Vilar “son casi igual a cero”. E é que, inciden, “nós, e moita xente, vemos beirarrúas neste punto que deberían rematarse, xa que hai anos que se comenzaron, pero este alcalde prefire mirar para outro lado”. “Tamén vemos, indican, que o Camiño das Laxas non está debidamente coidado e de haber chovias pode danarse o firme do camiño, que no seu día fora acondicionado polo goberno municipal do PP”, remarcan.

 

Limpieza aparcadoiro en Arcadio Pardiñas

Para os populares, “mostra palpable de desidia e pasotismo” é o deplorable estado no que se atopa o aparcadoiro situado nun solar privado na intersección Arcadio Pardiñas/Pascual Veiga, e que debe ser atendido con urxencia polo Concello.

Concretamente, segundo explican dende o PP, nese solar hai vexetación abundante e frecuentemente lixo de todo tipo. “E iso, conclúen, no medio e medio da vila e nun solar que o propio alcalde vendeu como solución ideal para eliminar dun plumazo zonas de carga e descarga en Arcadio Pardiñas”.

“Como se ve, e aínda que sexa a quincuaxésima vez que o dicimos, o rexedor de Burela é incapaz de atender o día a día da vida municipal. Para el o único interesante é colocarse nunha esquina e saudar á xente durante toda a mañá. A xestión dos problemas municipais e a súa solución, a posta en marcha de proxectos para a creación de riqueza e emprego, poden agardar: dan moito traballo”, finalizan os concelleiros do PP.