O PP de O Páramo presenta un programa para que este concello “poida seguir mellorando as infraestruturas dende o primeiro día”

Así o destaca a alcaldable, que encabeza unha lista formada por nove titulares e oito suplentes

c34a9594ac8689baa56c2de706db79d6.jpg

PP de Lugo | 2019-05-16

16, marzo, 2019. O PP de O Páramo presenta un programa para que este concello “poida seguir mellorando as infraestruturas dende o primeiro día”. Así o destaca a alcaldable, Verónica Arias, que encabeza unha lista formada por 9 titulares e 8 suplentes.

 

Deste xeito, Arias adianta que, xa que este municipio é o primeiro de Galicia en contar con un Plan Básico Municipal, implantarase un polígono industrial onde o Concello instalará unha nave para a Brigada Municipal de Obras e un viveiro de empresas. No marco de dotar a esta localidade de novos servizos, os populares tamén inclúen un tanatorio municipal e a mellora de locais sociais. Concretamente, a entidade local, gobernada polo PP, xa ten mercada unha casa en Beleigán e prevé adquirir para este fin outras en Adai e Campo da Feira, ao tempo que construirá outras en Friolfe, San Vicente, Paredes, Piñeiro e Gondrame, entre outros núcleos.

 

A atención aos maiores e aos veciños é outro dos obxectivos da candidata. Tal é así que, se acada a confianza dos veciños nas urnas, reforzará o servizo de Axuda no Fogar, impulsará unha residencia da terceira idade, que complementaría a Casa do Maior que xa está aprobada e a Casa Nido. En recoñecemento ás mulleres traballadoras de O Páramo, ten previsto a instalación dun monolito-estatua fronte ao Centro de Saúde.

 

Mellora dos accesos aos núcleos

Uns accesos en condicións aos diferentes núcleos de poboación son tamén unha prioridade “absoluta” para a popular. Neste senso, apostará pola mellora de camiños como se está a facer nestes momentos en Gondrame, Trebolle, Vigo de Friolfe, de Casa Felipe a estrada de Neira e Vilasante. Ensancharanse outros como estrada do caseto, a que parte desta a Piñeiro a San Mamede e tamén dende Armada ao Campo de Vilar de Penas.

 

 

A este respeto, as vías que xa teñen presuposto aprobado son: de Pinte a Gondrame, de Beleigán a Reascos, de Santandrea a Ponte, de Casa Felipe á estrada de Neira-Vilasante e de Pedrouzos á Escrita e á Gándara. A entidade local tamén reforzará o firme, entre outras, das de Vilasante a Piñeiro, de Neira a Piñeiro, accesos a Vigo de Torre, Casa da Costa, Igrexa de Santandrea, interior do pobo de San Mamede, Friolfe, de Moscán a Albaredo, dos pasos de Moscán a Outeiro de Doncel, interior de Moscán, de Quintela, San Vicente, Pinte, de Sextos, Paredes de Arriba, estrada Pobra-Sarria ata alcanzar as casas de Torrente, da igrexa de Saa a Pacios, Lamavelide, a Vilamaior, Teófilo por Albaredo a Torrente, Paredes de Abaixo, de Paredes e por Casa Castro a Alvaredo.

 

Baixada de impostos

Os populares renovarán o parque móbil municipal, que virá a completar a recente adquisición dun tractor e dúas desbrozadoras que acaba de entregar a Xunta de Galicia á entidade local; apostarán polo aforro enerxético dos alumeados públicos para o cal hai aprobado xa un orzamento de 103.000 euros, e mellorarase o abastecemento de auga e aplicarán unha baixada do IBI para as explotacións gandeiras, ademais de acondicionar o polideportivo e implantar unha zona deportiva-recreativa nas proximidades do Campo da Feira.

 

Candidatura completa

Para elo, a popular rodéase do “equipo ideal” para poder levar a cabo todos estes proxectos. Está formado por 9 titulares e 8 suplentes. Destes, seis son novas incorporacións. A candidatura completa é a seguinte:

 

1.- Verónica Arias López (Neira)

2.- Gumersindo Antonio Rodríguez Liz (Moscán)

3.- María Isabel López Silvosa (Saa)

4.- Cristian Rodríguez Loures (Vilar– Ribas de Miño)

5.- Oscar Liz Fernández (Friolfe)

6.- Yanin Castaño Fernández (Vilasante)

7.- Cesar Gay Chousa (Saa)

8.- Héctor Vázquez Vence (Cendoi–Santa Mariña de Adai)

9.- Yolanda Neira García (Feira)


 

Suplentes:

1.- Ángela Díaz Díaz (San Pedro–Friolfe)

2.- Cándido Valeriano Vázquez Díaz (Gondrame)

3.- Iván Rodríguez Losada (Moscán)

4.- Oscar López Rodríguez (Villeiriz)

5.- Jesús Silva Díaz (Villafiz)

6.- Antonio Rodríguez López (Pedrouzos)

7.- Eusebio Rodríguez Castro (Vilar)

8.- Iván López Varela (Grallas)