O PP di que a Xunta lidera os esforzos dirixidos a revitalizar e rehabilitar o casco histórico de Lugo, “e contribuír así a reforzar a súa candidatura como novo Patrimonio Mundial”

9fcec340eabbada4be86de26dbe841a0.JPG

PP de Lugo | 2020-03-11

O Partido Popular pon en valor os esforzos da Xunta de Galicia para revitalizar e rehabilitar o casco histórico de Lugo, “que contribuirán a reforzar a futura candidatura deste espazo como Patrimonio da Humanidade”. O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, acompañado dos candidatos pola provincia ao Parlamento de Galicia, Ramón Carballo e José Manuel Balseiro, ademais de integrantes do grupo municipal, visitou os puntos máis significativos do casco antigo e destacou a potencialidade deste espazo de gran valor cultural, histórico e artístico, e que aspira a converterse no cuarto elemento da cidade que obtería a distinción da UNESCO. A obtención deste recoñecemento sumaríase así ao obtido pola Muralla no ano 2000 e aos da Catedral e o Camiño Primitivo, hai algo máis de catro anos.

 

O conselleiro explicou, ademais, que a administración autonómica, que preside Alberto Núñez Feijóo, lidera as iniciativas para recuperar catro edificios senlleiros da cidade localizados no centro histórico: Trátase do Pazo de Dona Urraca e da Casa da Torre, situados no barrio de A Tinería; o Cuartel de San Fernando e a igrexa de San Pedro. No caso desta última, a súa restauración vén de ser licitada esta mesma semana, converténdose na obra de maior contía das executadas pola Consellería de Cultura e Turismo no conxunto da provincia. Cómpre lembrar ademais que os novos usos da Cada da Torre, como oficina de turismo e centro de enogastronomía e do Pazo de Dona Urraca, como primeira sede fóra de Santiago do Cento Galego de Arte Contemporánea servirían para mellorar a oferta turística da cidade.

 

Asemade, o Goberno galego tamén aposta pola recuperación de edificios deteriorados a través de iniciativas como o Plan Rexurbe e con obras para a creación de novas vivendas sociais na Tinería, de feito, neste momento hai actuación en marcha por valor de 1 millón de euros. A isto, hai que engadir, apuntou Rodríguez, o destacado investimento que se está a realizar na Muralla e no seu mantemento, “o principal símbolo patrimonial da cidade”.