Partido Popular de Lugo

O PP garante a renovación integral do estadio municipal Pepe Barrera de Ribadeo e agradece á Xunta que arrancara este proxecto

26 de marzo, 2019. O Grupo Provincial do PP garante a renovación integral do estadio municipal Pepe Barrera de Ribadeo e agradece que a Xunta arranca este proxecto. Lamentan, sen embargo, que tanto o BNG como o PSOE se preocuparan soamente por buscar titulares, como fai sempre o alcalde nacionalista, que converte cada investimento na localidade nunha telenovela.

 

O PP foi o primeiro en presentar mocións para que se fixera esta actuación, xa no ano 2015, e tanto BNG como PSOE votaron en contra en varias ocasión. Novamente o escenario actual fai que rectifiquen, explican os populares.

 

Así, o deputado Carlos Armesto pediulle ao deputado do PSOE “un pouco de seriedade”. Explicou que “o PP o 31 de marzo en 2015 trouxo a este Pleno unha proposta para que se acondicione un campo que en Ribadeo hai moitos anos que está moi mal e un club que nos representaba en terceira división e igual agora está en preferente por ter que xogar nunha pataqueira”.

 

“Cando o PP trae esta proposta no ano 2015 votan que non, que non é unha prioridade para a provincia e agora veñen con isto. Sexa serio. Podo lerlle o que dicía o voceiro do PSOE naquel entón. Hai un alcalde que é o Conde de Romanones que cando a Xunta intenta que se arranxe unha situación caótica di que hai preferencias para Ribadeo e que non é unha preferencia, ata hai tres meses cando a Xunta convoca aos presidentes e brinda unha axuda de 46.000 euros e entón, agora, queren arranxar o mundo”, precisou o popular.

 

Armesto explicou que “é a Xunta quen toma a iniciativa e vostedes van a remolque. Hoxe grazas á abstención deste partido poden ter ese diñeiro para alí. Di que a Xunta, que se adianta e pon o diñeiro sen pedirllo, resulta que é unha esmola pero será máis esmola que o alcalde estea disposto a poñer 50.000 cando é o titular da instalación”.

 

“O alcalde di que non é prioritario, Veiga naquel momento era vicepresidente e levaba a área de deportes vota que non e hoxe volve facelo porque nos remanentes vota que non a Ribadeo. No ano 2015 votan en contra e agora dan discursos grandilocuentes”, lamentou o deputado.

 

A Xunta impulsou as obras

Os populares presentaron o emenda, que non foi aceptada, para que a Deputación achegara 187.375 euros. “Que poña o Concello outro tanto e a Xunta xa ten comprometido e uns presupostos aprobados para unha instalación que non é dela. Cando chegue o parón da liga en maio poderán comezarse as reformas e telas listas para cando empece a liga. A Xunta impulsou isto e se piden isto cando votaron que non no Concello e na Deputación é porque o PP e a Xunta deu un paso para que se hoxe están en preferente foi porque posiblemente nin Concello nin Deputación fixeron os seus deberes”.

 

Os populares propuxeron en concreto que a Deputación de Lugo e o Concello de Ribadeo acheguen cada unha das administracións 187.375 € do custo total do proxecto de renovación integral do estadio municipal ‘Pepe Barrera’, que ascende a 421.000 €, na anualidade 2019; e instar ao Concello de Ribadeo a formalizar, con urxencia, o convenio de colaboración coa Xunta de Galicia que permitirá, de xeito inmediato neste primeiro semestre do ano, unha achega de 46.250 €, con cargo á Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, para colaborar na renovación integral do estado municipal ‘Pepe Barrera’.

 

“O PP trae unha proposta clara, seria e decidida e que en setembro pode estar o campo rematado. Se queren perderse nas formas e seguir liándoa vostede saberá a resposta que lle da á xente do deporte en Ribadeo”, defendeu o popular.

 

“Insiste en que 46.000 euros non é nada pero é o que se puxo para o estadio de Viveiro, para unha alcaldesa que o agradeceu e asinou ao momento. Por 46.000 euros mancho os zapatos e vostedes tamén porque foron inaugurar magostos e festas de 600 euros. Podía preocuparlles igual Ribadeo, falamos de 187.000 euros que demostra se lles interesa ou non, pero é un despropósito o do alcalde. Non quere o campo, vai unha moción e votan en contra, PSOE e BNG, e el di que ten outras preferencias e cando a Xunta promove un investimento alí e cando de repente pide e non é que vaia á Xunta, senón que pon unha reunión en Ribadeo con 48 horas de antelación para que lle arranxen o campo e que lle poñan o diñeiro e poñer 50.000 euros cando é un campo municipal”.

 

“Cando o PP pon enriba da mesa esa necesidade é cando se suman eles. O PP non vai estar nas iniciativas duns nin nas de outros, defendémolo en 2015 e agora. É o único concello que dubida asinar un convenio que outra administración xa quixera para ela”, concluíu.