O PP lucense agradece a Enrique Rozas “o seu compromiso co Partido e a súa incansable dedicación á política municipal”

A presidenta do Partido Popular de Lugo, Elena Candia, trasladou esta mensaxe de recoñecemento ao seu labor despois de anunciar que se retira da vida política tras máis de tres décadas de traballo

PP de Lugo | 2019-03-13

13 de marzo, 2019. O PP provincial de Lugo agradece “o compromiso co Partido Popular” do concelleiro de Lugo, Enrique Rozas, así coma “a súa incansable dedicación na política municipal”. Así o manifestou a presidenta do PP da provincia, Elena Candia, tras ter anunciado a súa decisión de retirarse da vida política tras máis de tres décadas de traballo.

 

Os populares lucenses poñen en valor “a súa experiencia e os seus valores” que tal e como ten demostrado defendendo os intereses da cidadanía “cunha estimable constancia”. Nese sentido, agradecen que continúe a formar parte do Partido Popular lucense onde ostenta cargos diferentes cargos orgánicos -vicepresidente da xunta local, vicesecretario da xunta provincial e membro do comité electoral do PP en Lugo-.