Partido Popular de Lugo

O PP pon en valor en Samos e Triacastela o traballo dos seus Gobernos para impulsar o rural, facéndoo máis competitivo e rendible

15, maio, 2019. O Partido Popular pon en valor o traballo dos gobernos do PP para impulsar o rural da provincia, facéndoo máis competitivo e rendible economicamente . Así o trasladou o conselleiro, Jesús González, a gandeiros de Samos e veciños de Triacastela, no marco dos actos da campaña electoral que están a levar a cabo os populares da provincia, e nos que estivo acompañado polos alcaldables destes dous municipios, José Fernández e Olga Iglesias, respectivamente.

 

Como exemplo deste compromiso, o titular de Medio Rural destacou que, só dende este departamento, o Goberno de Feijóo inxectou a estes dous municipios para este fin preto de 4 millóns de euros en 2018; 2,3 en Samos e 1, 6 en Triacastela.

 

Asemade, o conselleiro adiantou que nas próximas semanas a súa consellería aboará aos produtores galegos uns 40 millóns de euros pendentes da Política Agraria Común correspondentes á campaña de 2018; unha cantidade, explicou, que xa detallou no día de hoxe o director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, durante a súa comparecencia no comisión de Agricultura do Parlamento de Galicia.

 

Neste senso, Jesús González precisou que o seu departamento xa realizou pagos aos produtores por valor de 170 millóns de euros en axudas directas e outros 40 millóns para medidas de desenvolvemento rural.

 

Proxectos para Samos e Triacastela

Pola súa banda, os alcaldables deste dous municipios agradeceron o interese do responsable de Medio Rural por compartir as políticas da administración autonómica cos veciños de sendas localidades, ao tempo que explicaron o programa co que concorren ás municipais. No caso de Samos, o cabeza de lista lembrou que apostan por reorganizar servizos, axilizando todo o posible os trámites administrativos e a redución dos soldos no equipo de goberno que, na actualidade, superan os 66.000 euros anuais, para destinala a gastos sociais, bolsas de estudos, cultura e deporte.

 

Ademais de aumentar a divulgación do municipio, apreveitando os potenciais cos que conta Samos ao estar inmerso en pleno Camiño Francés, demandará a construción dunha residencia da 3ª idade; mellorará a rede de abastecemento nos núcleos e fará máis atractiva a localidade con diversas actividades para a xuventude.

 

Olga Iglesias destacou publicamente que a idea programática principal é continuar “mellorando a calidade de vida dos veciños”, e para elo é necesario, explicou:

  • Mellorar as infraestruturas do concello, tanto as estradas como os camiños rurais, ampliar e mellorar abastecementos e novos saneamentos.

  • Dotar de solo industrial ao municipio.

  • Reforzar os servizos sociais e fomentar a creación da Casa do Maior.

  • Facer actividades destinadas aos nenos, favorecendo a conciliación das familias.

  • Preparar a Triacastela para o Xacobeo 2021, lembrando sempre que son final de etapa dende o Códice Calixtino.

  • E poñer en valor os recursos patrimoniais e culturais, creando o Centro de Interpretación de Cova Eirós.