Partido Popular de Lugo

O PP reivindica o Camiño como “elemento económico tractor na provincia”

14, abril, 2019. Os candidatos ao Congreso e o Senado, Jaime De Olano, José Manuel Barreiro e Rosa Arza, acompañados do conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, puxeron en valor este domingo a importancia do Camiño como “elemento económico tractor da provincia”. Así o trasladaron a hostaleiros dos municipios polos que discorre a ruta francesa, no marco dun encontro organizado polo PP, co fin de recoller as propostas deste colectivo e mellorar así a actividade que desenvolven se acadan a confianza dos españois nas eleccións do 28 de abril.

 

Os populares destacaron a importancia de que tanto a iniciativa privada como a pública traballen conxuntamente para aumentar a calidade e consolidar esta iniciativa como un elemento dinamizador da economía local durante todo o ano. Precisamente, o rexedor de Portomarín, Juan Serrano, que exerceu como anfitrión, explicou as actuacións que se están a levar a cabo en clave municipal e que permiten que “pasemos do concepto de albergue a hotel de calidade”. Tal é así que, na actualidade, esta localidade ten a ratio máis alta de Galicia en camas abertas. Conta con 1.700, o que demostra, indicou Serrano, que todo o que xira entorno a este recurso turístico supón “unha industria xeradora de emprego”.

 

Na mesma liña, Jaime de Olano cualificou o Camiño como “o gran evento de Galicia, de España e case que de Europa”, polo que destacou a importancia de que o 28 de abril Pablo Casado sexa o presidente do Goberno, “pues solo así se consolidará el esfuerzo de los autónomos y de todos los colectivos que vivís de este recurso”; cuestión que será posible coa baixada de impostos que o Partido Popular leva no seu programa. Esta actuación permitirá, explicou o cabeza de lista ao Congreso, soster tamén os servizos públicos.

“Sánchez os ha subido las cotizaciones sociales un 22%, lo que no deja de ser un impuesto al empleo y un asfixio al empresario. Los viernes sociales son un ejemplo del gasto disparatado. Su Gobierno gasta lo que no tenemos. Pasa de la micro a la macro a base de decretos, pero lo que está claro es que no se puede regalar el dinero público que no temenos”, criticou con rotundidade.

O titular autonómico de Cultura expuxo que, dado que o Camiño é unha oportunidade económica de primeiro nivel, dende a Xunta de Galicia están a traballar nunha estratexia na que queren implicar a todos os axentes. Precisamente, o Goberno galego está dentro da organización nacional Consejo Jacobeo, e ten acordos con outras administracións como a FEGAMP para impulsar este elemento turístico-económico.

Dentro da liña estratéxica do Executivo galego inclúese tamén “O Teu Xacobeo”; plan que está dirixido a que as empresas e entidades presenten proxectos de dinamización cultural vencellados ao Camiño. En total, rexistráronse xa máis de 600 peticións que están mobilizando a moitos colectivos e que farán actividades nos municipios polos que transcorre. “Queremos que todos sintamos o Camiño como propio. A través desta iniciativa máis de 4.000 persoas traballarán en torno a este recurso. Este programa fallarémolo antes do verán”, adiantou Román Rodríguez.

A Xunta de Galicia ten tamén un Plan Estratéxico que sacará antes do 25 de xullo cos eixos principais que se levarán a cabo ata o ano 21. Asemade, destina 15 millóns de euros para o mantemento e conservación das distintas rutas e prevé investir 100 millóns de euros para rehabilitar os BICs, ademais da posta en marcha do patrocinio para as empresas. Trátase esta última medida de que estas asocien a súa marca individual ao Xacobeo e así poidan desgravar impostos. Tamén se contempla a instalación de nova sinaléptica dos negocios e un plan específico para a mellora de aloxamentos turísticos.

Recurso en auxe

O Camiño Francés rexistra o 60% dos peregrinos e, en total, son 120 os concellos que se inclúen nalgunha das rutas. A Santiago chegan peregrinos de 178 países; o que, en palabras do conselleiro, pon de relevo que este recurso é “a galiña dos ovos de ouro de Galicia”.

Segundo un estudo publicado polo BBVA, e ao que fixo referencia Román Rodríguez, en 2018 a actividade turística en Galicia xerou 6.300 millóns de euros; o que representa o 10% do PIB da Comunidade e o 11% do emprego. Este mesmo informe tamén revela que, dentro desta actividade, o Xacobeo aumenta entre o 0,5 e o 0,7% do PIB, consolidándose desta porcentaxe entre o 0,2 e o 0,3% nos anos seguintes. A intención do Goberno galego é, por tanto, desenvolver un plan de actuación que “nos permita que no ano 22 haxa unha secuencia de mantemento”.

Programa do PP

O PP continuou así cos actos sectoriais que está a desenvolver na provincia durante a campaña electoral. Ademais da xuntanza en Portomarín, os representantes desta formación en ambas Cámaras participaron na Feira do Ferro de Riotorto e na 39 edición da Feira do Viño de Amandi en Sober. Xa, pola tarde, participarán nos mítines previstos en Cervantes e no rural de Lugo.