Partido Popular de Lugo

Os populares cuestionan a oportunidade da convocatoria para o venres de comisións informativas na Deputación Provincial

O presidente da Deputación, o socialista José Tomé, convocou reunión presencial das comisións informativas de Economía e Pleno para o próximo día 27, venres. O grupo provincial do PP recibiu estas convocatorias pola vía oficial, sen consensualas previamente; polo tanto, sen diferencia algunha co que se faría noutro momento alleo a gravísima crise sanitaria, debida ao coronavirus, que está a vivir España. O voceiro popular, Javier Castiñeira, expresa a súa sorpresa por esta convocatoria, tanto pola inoportunidade como polo feito de que as reunións serán presenciais.

 

Para o PP é evidente a inoportunidade da iniciativa do presidente en si mesma. O portavoz, Javier Castiñeira, recorda que os populares xa viron improcedente no seu momento a convocatoria das comisión unhas horas antes da declaración da emerxencia en Galicia, debido ao coronavirus; efectivamente, aquelas reunións foron desconvocadas. “Agora nos atopamos con estas novas convocatorias, na que se espera que sexa a peor semana na crise sanitaria en España e mentres desde o Goberno, presidido polo socialista Pedro Sánchez, se insta aos cidadáns a quedar na casa para evitar contaxios; polo tanto é inoportuna, pero tamén é cuestionable o feito de que se trate de reunións que se celebrarán presencialmente».

 

Castiñeira di que só se pode atribuír estas convocatorias a algún interese político pouco claro, ou a maneira de xestionar que corresponde a un goberno que opera con improvisación, sen planificación de ningún tipo e a impulsos e segundo as ocorrencias de cada momento.

 

O portavoz popular, en canto tivo coñecemento oficial da convocatoria, chamou por teléfono ao presidente da Deputación, José Tomé. Despois da conversación, Castiñeira sigue sen comprender o porque destas convocatorias nun momento no que o Goberno de España arrecia nas súas chamadas aos españois a quedar na casa para evitar contaxios e, pola mesma causa, os desprazamentos están severamente controlados.

 

Castiñeira di que aínda é máis inexplicable esta convocatoria tendo en conta que os prazos, segundo as disposición emitidas ao fío da crise sanitaria, quedan conxelados.

 

En todo caso, os populares indican que, se o presidente do goberno provincial mantén, aínda sen motivo, a convocatoria das comisións e da posterior sesión plenaria, unhas e outra deberían celebrarse por vía de videoconferencia ou procedemento similar, máxime tendo en conta que a Deputación dispón dun servizo de comunicación e novas tecnoloxías.