Os populares de Lugo apelan a unir o voto en torno ao PP “para crear máis oportunidades de acceso a unha vivenda para mozos e persoas maiores”

f21a65ebd2031bc7040a135e69b86e31.jpeg

PP de Lugo | 2019-11-05

● Vázquez detallou que en 2020 se destinarán 780.000 euros para
continuar rehabilitando a A Tinería; un barrio no que xa se investiron 26,3
millóns en obras rematadas e en execución. Grazas a esta actuación,
obtivéronse 25 locais comerciais, 2 edificios de oficinas e preto de 100
vivendas



● Alerta de que dende xullo seguen agardando pola resposta do
Concello sobre a proposta da Xunta de adquirir algúns inmobles emprazados
no borde da UI-8 para que poidan ser incluídos na actuación que inclúe a
rehabilitación do Pazo de Dona Urraca



● A conselleira indicou que o ano 2020 sexa o ano no que por fin
todos os lugueses poidan desfrutar do auditorio da cidade, e no que se
investiron máis de 24,5 millóns de euros. Esta infraestrutura cultural
clave para a cidade de Lugo e a súa contorna só está pendente de ser
recibida polo Concello para que se poida proceder á súa apertura



● En materia de solo empresarial, no vindeiro ano iniciarase a
ampliación do parque empresarial das Gándaras, para o que xa están
reservados máis de 3,4 millóns de euros nas contas autonómicas