Partido Popular de Lugo

Os populares reivindican en Sarria o traballo dos gobernos do PP para impulsar o sector primario

07, novembro, 2019. Os populares reivindicaron en Sarria o traballo dos gobernos do PP para impulsar o sector primario. Foi durante a visita realizada esta tarde polos candidatos ao Congreso e ao Senado, Joaquín García Díez e Rosa Arza, o conselleiro de Medio Rural, José González, e o voceiro do PP en Sarria e deputado provincial, José Antonio García, á explotación gandeira López y Varela SC, situada na localidade de Meixente.

 

Neste senso, o titular do departamento autonómico incidiu en que o rural galego “é líder en como entender o rural”, pois ademais de escoitar e atender as necesidades dos seus veciños, traballa na defensa dos produtos de calidade galegos e na recuperación da terra agraria.

 

Neste senso, o conselleiro sinalou que a nova Lei de recuperación e posta en valor da terra agraria de Galicia entra agora en novembro no Parlamento de Galicia, co obxectivo de recuperar terras que permitan rendibilidade, estudar a propiedade, concentrar terreo e unha volta dos nosos mozos e mozas ao rural. Unha volta ao rural, subliñou José González, que permita vivir do rural e no rural coa aposta decidida polos produtos de calidade. Neste senso, salientou a creación dunha finca escaparate en Sergude, Boqueixón, que permitirá promocionar e dar a coñecer os produtos agrarios, gandeiros e forestais de Galicia co fin de posicionar aos produtos de calidade nun lugar privilexiado e con repercusión directo nos produtores.

 

Pacto de Estado

García Díez e Rosa Arza destacaron a necesidade de alcanzar un gran pacto de Estado como o que pretende liderar o candidato á Presidencia do Goberno, Pablo Casado, para frear o despoboamento e dotar de mellores servizo e oportunidades de emprego aos nosos pobos para fixar residentes. A este respecto, explicaron que, se o PP chega á Moncloa, implantaranse incentivos fiscais a todos aqueles que emprendan no rural, así como a extensión da tarifa plana de cotización á Seguridade Social para profesionais autónomos residentes nos núcleos de poboación e, por suposto, mellorar a conectividade a Internet.

 

“Otras medidas del pacto de Estado contra la despoblación pasa por mejorar la conciliación laboral y familiar para fomentar la natalidad en el medio rural; mejorar los servicios a través de un nuevo modelo de financiación autonómica; modernizar la actividad agraria, agroalimentaria y forestal a través de la PAC; o recuperar el plan 300×100, con el que implantar un programa de subvenciones para la contratación de servicios de banda ancha, con ayudas directas para emprendedores, asociaciones y ayuntamientos de menos de 5.000 habitantes para asegurar una plena accesibilidad a redes de alta velocidad en núcleos pequeños de población”, salientou o número 2 ao Congreso.

 

Pola súa banda, José Antonio García, pediu o apoio para o Partido Popular, pois “non é o mesmo que gobernen uns a que gobernemos outros; de aí que debemos todos pensar que é o que máis nos convén, pois, precisamente, do 10N sairá o ministro que negocie en Bruxelas actuacións tan importantes como o agro como a PAC, e que na comarca de Sarria ten tanta incidencia”. Na mesma liña, García Díez apuntou: “España necesita un gobierno fuerte y experto en las negociaciones en Europa ante la nueva PAC o los retos que amenazan a nuestros ganaderos como el Brexit, la guerra de aranceles con EEUU, el acuerdo de MERCOSUR o la internacionalización”.

 

Explotación punteira

Os populares visitaron a explotación López Varela SC. Está rexentada por Jesús López e Lucía López, pai e filla, respectivamente. Conta con 50 cabezas de gando e é unha das máis significativas na produción de carne da comarca.

 

Na provincia de Lugo están 20 dos 25 concelllos con máis vacas de carne. Encabeza esta relación Vilalba que, segundo os últimos datos publicados pola Xunta, conta con máis de 6.300, seguida de Friol e A Fonsagrada, cun censo total de máis de 5.000 cada un.