Os populares critican “o discurso catastrofista na xestión da política social da Deputación”, ao non esixir ao Goberno que financie o 50% do SAF

db97a5b474280f85f298bb382b201c43.jpeg

PP de Lugo | 2021-02-23

O Grupo Provincial do Partido Popular abstívose nas dúas iniciativas do goberno sobre a atención a domicilio porque, segundo apuntaron os deputados encargados da súa defensa, Javier Castiñeira e José Antonio García, reflicten “o discurso catastrofista da xestión que fai a Deputación da política social e falta esixir a responsabilidade ao Goberno de cumprir o compromiso de financiar o 50% desta prestación”.

 

Os populares argumentaron esta afirmación con datos obxectivos e reais. Concretamente, a Xunta de Galicia aumentou un 40% o número de prazas en residencias o pasado ano. Nos centros de día da provincia, pasouse de 200 a 608. Ademais, apuntou Castiñeira, “somos líderes nacionais na cobertura do SAF, con 39 horas ao mes por usuario, e con 7.236 horas de teleasistencia”.

 

“Pola contra, engadiu Castiñeira, a vostedes sempre lles pasa igual, que non predican co exemplo”. E é que, segundo apuntou García, existe un acordo da Deputación de 2009, no que, precisamente, se lle reclamaba ao Goberno dita aportación. “

 

Se queren dar uns servizo público e gratuíto deberían de empezar polas residencias. Acaban de sacar as concesión cun modelo mixto ou de copago”. “É dicir, continuou o voceiro do PP, en resposta á representante do BNG, vostede ten unhas gafas para a noite e o día, en función de se critican á Xunta ou non”. A este respecto, Castiñeira criticou que “sexa o Partido Socialista o que omita que a administración central non teña responsabilidades, cando o dixo o propio vicepresidente”.

“Sen propostas en positivo” e “fan o contrario do que din”

Na mesma liña José Antonio García indicou que “fan o mesmo mes tras mes ante a falta de propostas en positivo, cargándolle os males de todo o mundo ao presidente Feijóo. O SAF é moi demandado e moi necesario sobre todo en Galicia que ten unha sociedade avellentada, polo que a análise debe ser rigorosa, e este bigoberno fai o contrario do que di. Estigmatiza a xestión público-privada e aplícana onde gobernan”. En alusión aos argumentos da voceira socialista, García afirmou que “reivindican a pouca credibilidade que ten o goberno da Deputación, que so é para mandar mensaxes a Feijóo e logo están desconectados”.

 

PSOE e BNG son “antigaleguistas”

Proba delo é que “a única administración que fai un esforzo no servizo de atención a domicilio é a Xunta de Galicia que incrementou as horas en 160.000 e destina máis de 83 millóns directos a este fin, configurando un orzamento que é o máis social”. Por tanto, insistiu, “non están en condicións de dar leccións ao Goberno galego cando non son capaces de esixirlle a Sánchez que cumpra con Galicia. Son antigaleguistas. Para unha cousas son progresistas e para outras desconectan”, remarcou.

 

Sempre os mesmos tópicos

A este respecto, o vicevoceiro do Grupo do PP afeou a socialistas e nacionalistas que usasen sempre os mesmos tópicos: “que Feijóo está pensando en Madrid e que a culpa é do Estado e, neste caso, tiran de Rajoy”. Todo elo, advirte, porque “non son capaces de recoñecer que o goberno de Sánchez está maltratando as arcas de todos os galegos e das galegas”.

 

En resumo, sentenciou José Antonio García, “o interese que teñen vostedes polo SAF é cero. Non só non presentaron ningunha emenda no Parlamento nesta materia, senón que collen o modelo Trasga por bandeira. Este é o seu discurso demagóxico”.