O PP avisa de que a Deputación causará un grave dano a provincia se deseña un orzamento continuista para 2021 como anunciou Tomé

3f717a2806add919c79a2a93f33ee6cf.jpg

PP de Lugo | 2020-11-17

O grupo provincial do PP avisa ao goberno da Deputación que de cumprirse o anuncio feito polo presidente, José Tomé (PSOE), de que os orzamentos, elaborados sen participación do PP nin do tecido asociativo, do 2021 serán continuistas, pode crear un gravísimo problema á provincia, dado que será o ano da saída da crise e Lugo precisa apoio aos sectores produtivos e inversións especiais na xeración de emprego, por exemplo mediante un ambicioso plan de estradas.

 

O portavoz do PP, Javier Castiñeira, sinala: “Acabamos de saber polos medios de comunicación que o equipo de goberno da Deputación ten pensado presentar proximamente os orzamentos do 2021. É algo que nos congratula, porque é unha novidade que a Deputación presente os orzamentos en tempo e forma, algo que non fixo nos últimos anos; de ser así empezariamos o exercicio da recuperación económica cos orzamentos xa en vigor.  Pero, por outro lado, estamos profundamente desencantados porque se rexeitou a colaboración do Partido Popular, que é o grupo maioritario da corporación provincial, e con elo  a de gran parte dos lucenses e dos concellos para traballar sobre estes orzamentos tan importantes”. 

 

O portavoz popular sinala: “O grave xa non é que non se chame ao PP, o grupo con más representación na corporación; o grave é que non se chama  a ninguén, nin asociacións nin outras entidades que deberan participar tamén  neste orzamentos tan importantes. Ao PSOE e ao BNG éncheselles a boca antes das eleccións e nos programas electorais falando de presupostos participativos, pero despois, cando chega a hora da verdade, deséñanos nun despacho socialistas e nacionalistas, sen buscar a colaboración de ninguén”.

 

Castiñeira explica: “Pero tampouco é o máis grave que no se dea participación na elaboración duns orzamentos tan importantes como son os de 2021;  o máis grave son as declaracións do presidente Tomé que di que os orzamentos do 2021 serán continuistas. O que menos necesita calquera administración é  seguir co que fixo ata agora, porque o 2021 é o ano da saída da crise.  Non se pode facer un copia-pega como fixo cos do 2020 en relación cos do 2019, que xa eran un copia-pega dos do 2018, que non os fixo este goberno e son orzamentos  de antes da crise. Necesitamos innovar, necesitamos apoiar ao  tecido económico e empresarial da provincia; precisamos transformar as estradas  para que sexan  un motor económico para todos os concellos da provincia”.

 

Os populares cren que “o que menos necesitamos e continuísmo orzamentario” e avisan de que “se finalmente o orzamento é continuista seremos a única administración de España que sexa orzamentariamente continuista, porque o ano 2021 é un ano extraordinario, clave, que precisa uns orzamentos extraordinarios”.