O PP lucense escoita as demandas das entidades sociais de Monforte

a4b5528bd6a7b8ebe9ad4b04b76bbd7b.jpeg

PP de Lugo | 2020-06-29

As candidatas do PPdeG pola provincia de Lugo ás eleccións autonómicas do vindeiro domingo 12 de xullo, Susana López Abella e Katy Varela, mantiveron en Monforte dous encontros con membros de distintas asociacións de colectivos en situación de vulnerabilidade do municipio.

 

As populares abordaron as distintas iniciativas levadas a cabo nos últimos anos polo Goberno galego e tamén escoitaron as propostas das entidades asociativas que reúnen a familias monfortinas con nenos e nenas con necesidades especiais, familiares de persoas que sofren alzheimer ou de persoas con trastornos alimentarios, entre outras, en relación ás necesidades que se lles presentan.

 

As candidatas do PPdeG ao Parlamento galego continúan escoitando aos colectivos da provincia para “tomar nota das súas necesidades e traballar da man das asociacións co obxectivo de acadar o seu benestar”.