O PP apoiou á independente Rocío Seijas para a alcaldía de Monterroso, “por responsabilidade e compromiso cos veciños co fin de sacar ao municipio do estancamento que padece”

83fcf2ac8ea4270b0dd961108289fbc5.jpg

PP de Lugo | 2020-07-29

O apoio dado polo grupo municipal do PP permitiu no pleno celebrado esta mañá que asuma a alcaldía monterrosina Rocío Seijas, de Independientes por Monterroso. O portavoz popular, Eloy Pérez, explicou detalladamente os motivos do respaldo que o PP da a Seijas para tomar o relevo de Antonio Gato na alcaldía, e que basicamente se resumen en proporcionar ao Concello a estabilidade necesaria para unha xestión eficiente dos intereses dos veciños.

 

Por un lado, di Pérez, “moveunos a tomar esta decisión a necesidade de dar estabilidade ao Concello de Monterroso”. Explica que os populares consideran que a situación vivida ata o momento era insostible, O obxectivo que persegue o PP é sacar a Monterroso do estancamento no que se atopa.

 

O portavoz popular aclara igualmente que só cun goberno estable será posible buscar e conseguir para Monterroso as inversións que precisa, moito máis despois do tempo perdido que representan estes últimos meses, especialmente, pero tamén os últimos anos.

 

Na mesma liña, Eloy Pérez destaca que é preciso dar estabilidade ao Concello para reconducir a indesexable crispación vivida na política municipal durante meses. É necesario recuperar a normalidade para o debate político, de xeito que os veciños de Monterroso se beneficien do xogo democrático e dunha xestión eficaz dos asuntos públicos

 

Á sesión plenaria asistiu a presidenta provincial do PP, Elena Candia, que expresou que  compromiso do PP é claro: “Estamos para traballar pola solución dos problemas que preocupan de verdade aos veciños”. Engadiu que, como sempre di, o PP practica a política “da xestión e de dicir a verdade á xente”.