“Fomos o único Partido que sempre buscamos a alianza coa provincia e, sobre todo, cos lucenses”, afirman os deputados do PP respecto das dimisións de SUPLUSA

PP de Lugo | 2019-09-04

O Grupo Provincial do Partido Popular, ante o anuncio de dimisión do presidente SUPLUSA e do resto de membros da entidade, manifesta que “fomos o único Partido que sempre buscamos unha alianza coa provincia pero, sobre todo, cos lucenses, con independencia de quen a dirixise”. Mostra disto, engaden, “é todo o que leva traballado a Sociedade”.

 

Neste senso, dende o PP piden “responsabilidades polo dano á imaxe da Sociedade e da Deputación que fixeron outros e se segue facendo, pois só buscan o enfrontamento e o descrédito como única maneira de lograr os seus obxectivos”. E é que o presidente actual do organismo provincial aínda non fixou unha reunión de traballo para coñecer como vai ser a integración de SUPLUSA na Deputación, demostrando con elo que “non lle dedicou ningún tempo, máis alá daquel titular que todos coñecemos e no que sementaba moitas dúbidas sobre o futuro das residencias”. Por este motivo, os populares dubidan incluso que o socialista “poida cumprir a palabra dada no Pleno”, e na que aseguraba se porían en funcionamento os 18 centros proxectados.

 

Dado o suceder dos feitos, os deputados da formación popular pídenlle ao titular provincial que se respecten as condicións dos traballadores e das persoas que foron seleccionadas para traballar nas residencias.