A vindeira Comisión de Interior do Congreso debaterá a petición ao Goberno realizada hai un ano polo PP de crear unha Unidade de Prevención e Reacción en Lugo

0d4535bbdedc3051bba40afac0cd02e6.jpg

PP de Lugo | 2021-02-20

Os deputados nacionais do Partido Popular, Jaime De Olano e Joaquín García Díez, acompañados da presidenta provincial, Elena Candia, do senador José Manuel Barreiro, do voceiro do Grupo Provincial na Deputación, Javier Castiñeira, e do vicevoceiro do Grupo Municipal no Concello da capital, Antonio Ameijide, trasladaron este venres a representantes da Federación de Veciños e o voceiro do Sindicato Unificado de Policía (SUP), Jorge Varela, que na vindeira Comisión de Interior, prevista para o 8 de marzo, se debaterá no Congreso a petición realizada xa hai un ano ao Goberno polos populares de crear unha Unidade de Prevención e Reacción na Comisaría da Policía Nacional de Lugo.

 

Deste xeito, os populares recollen o sentir destes dous colectivos que, no seu día, xa expresaran publicamente a necesidade de que a cidade albergase este servizo, pois non é de recibo que a provincia Ourense, con 25.000 habitantes menos que a de Lugo, si que conte con esta UPR.

 

Esta iniciativa súmase á petición de non pechar a sala 091 o 1 de marzo, tal e como prevé o Executivo de Sánchez, e que supón trasladar este servizo á Coruña e deixar desprotexidos aos lucenses. “Cerrar este servicio y no tener suficientes efectivos nos deja como lucenses totalmente desamparados ante cualquier acto delictivo o concentración que requiera una presencia policial específica”, explica Jaime De Olano.

 

A alcaldesa e o BNG, “miran para otro lado”

O popular pregúntase “donde están la alcaldesa y el BNG en este asunto?” pois, engade, “ya no es algo que digamos los del PP, lo reclaman los vecinos del Lugo y los propios policías”.

 

A este respecto, critica que, diante as numerosas manifestacións públicas realizadas esta semana por asociacións e representantes do SUP, o Concello “permanezca impasible y mire para otro lado”. “Sabemos que están para defender a su colega Sánchez, pero, oiga, esto es una cuestión de seguridad ciudadana, no de ideologías”, manifestou con rotundidade o popular.

 

Por que Lugo precisa unha UPR?

As UPRs son dispositivos de intervención rápida para apoio en cuestións relacionadas coa seguridade cidadá. Concíbense como dotacións destinadas á prevención, mantemento e, no seu caso, ao restablecemento da orde pública dotadas cunha estrutura prefixada e medios suficientes para acometer con solvencia as funcións específicas que lle son propias.

 

As súas funcións consisten en dispositivos especiais de prevención da delincuencia, mantemento da orde pública e seguridade cidadá, apoio a outras unidades ou servizos e institucións en dispositivos puntuais.

 

A petición dos populares arguméntase tamén en que na cidade non existe unha Unidade que poida facer fronte, coa dotación de medios humanos e materiais, e coa preparación técnica que se require, a grandes concentracións ou manifestacións polo que hai que empregar unidades de outras plantillas. “Estimamos la creación de esta Unidad porque en Lugo non se establecen controles habituales por carecer de este tipo de dispositivos. Y los que se están haciendo, los están llevando a cabo unos pocos profesionales y sin los medios adecuados”, advirte o tamén vicesecretario de Participación do Partido Popular.

 

O mesmo acontece cos dispositivos de seguridade en espectáculos públicos, deportivos, eventos sociais como soen ser frecuentes en festividades locais de gran afluencia de xente, como pode ser o San Froilán ou o Arde Lucus. “Por el covid estos festejos no se han podido celebrar, pero para cuando la situación se normalice, Lugo debería de contar una UPR”. E é que ademais, detallou De Olano, a súa creación permitiría colaborar con outras unidades policiais, algunhas xa implantadas como a Brigada Provincial de Extranxeiría e Fronteiras, e serviría como reforzo as comisarías de Viveiro e Monforte, xa por si moi diminuídas de persoal.

 

As UPRs teñen, por tanto, un labor preventivo ante determinadas actividades delitivas e actuacións en puntos negros, como o tráfico de drogas, armas brancas, identificación de sospeitosos ou reclamados pola Xustiza, vehículos roubados, etc.