Reparto xornal Feijoó en Foz

7efb1ffc4aa84d49d4b5aebc502a9272.jpg

PP de Lugo | 2020-03-10

Os candidatos ao Parlamento de Galicia continuaron hoxe en Foz o reparto do xornal elaborado polo PPdeG sobre o seu candidato á presidencia da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo. Con esta iniciativa, o PPdeG quere que os galegos poidan coñecer máis sobre a súa persoa, as súas opinións, o seu balance e o seu proxecto. Na distribución levada a cabo nesta localidade participaron a cabeza de lista por Lugo, Elena Candia, e o voceiro do grupo municipal do PP en Foz e na Deputación, Javier Castiñeira.

Nel, recóllense desde a visión do propio Feijóo sobre a situación política actual a un mes das eleccións autonómicas do 25 de setembro; ata detalles menos coñecidos sobre a súa personalidade. O xornal fai ademais un repaso sobre algunhas das peticións e opinións que os cidadáns lle trasladaron persoalmente ao candidato do PPdeG nos “ti a ti” que tiveron lugar no Faladoiro co que nas últimas semanas percorreu toda a xeografía galega; así como anécdotas que sucederon no decurso do mesmo con veciños de diferentes concellos.

Baixo o título "Galicia, Galicia, Galicia!", que é como o propio Feijóo adoita pechar os seus mitins , o xornal inclúe varios datos sobre o balance de xestión dos últimos anos da Xunta de Galicia con Feijóo como presidente así como o posicionamento do PPdeG en diferentes ámbitos. A publicación fai tamén un repaso sobre como afrontan os diferentes partidos a próxima cita electoral en Galicia desde unha perspectiva menos habitual pero ao tempo con menor acritude que a eles mesmos empregan entre si.